“Alcoa marcha de España porque non confía na política enerxética do Executivo de Pedro Sánchez”, di na manifestación polo futuro da Mariña
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu ao PSdeG e ao BNG que deixen de lado os intereses partidistas e se unan aos populares demandando ao Goberno central solucións para Alcoa.
Como recordou, o Executivo de España foi o que provocou esta situación de crise industrial e, polo tanto, é o único que pode resolver este conflito. Sen embargo e tras 17 meses de espera, aínda non contamos cun prezo competitivo da electricidade que evitaría que a empresa abandonase o país: “Alcoa marcha de España porque non confía na política enerxética do Goberno de Pedro Sánchez”.
Sobre isto, incidiu en solicitar ao Estado que cumpla cos seus compromisos, pois Sánchez comprometeuse a dotar ao noso país dun prezo da electricidade para este tipo de empresas que lles permita competir no entorno internacional e a mediar na operación de venta de Alcoa para que a planta, a actividade e os empregos se poidan manter.
Así se expresaba o número dous dos populares galegos na manifestación celebrada en Burela polo futuro da Mariña lucense, onde lembrou que o seu partido estivo sempre neste tipo de mobilizacións, algo que seguirá facendo ata que non se resolva a situación industrial que está a vivir esta comarca.
“Hoxe saímos á rúa unha vez máis para defender os postos de traballo, que é o mesmo que defender a toda unha comarca”, resaltou Tellado mentres sinalaba que pelexar polo futuro de Alcoa significa loitar pola Mariña.
Igualmente, afirmou que se bota en falta na protesta a presenza da vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, pois, cando estaba na oposición dicía que Alcoa era unha prioridade pero, dende o Goberno, non aporta as solucións que ela mesma plantexaba anteriormente.