O Grupo Popular demanda avanzar na auditoría que determina as competencias impropias que asumen a Xunta e os concellos

Santiago, 8 de xuño de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, defendeu hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta avance nos traballos de auditoría para determinar as competencias impropias que está asumindo a Administración autonómica e os concellos, así como os custos económicos respectivos, co fin de contribuír á mellora do sistema de financiamento local.

Seguir leyendo

O PPdeG critica que o Goberno central insista en tramitar 35 megaparques eólicos en 68 concellos fora das áreas delimitadas

Santiago, 8 de xuño de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, concretou hoxe no Pleno do Parlamento que “68 concellos de Galicia están afectados polos 35 megaparques eólicos que o Goberno central insiste en tramitar e avaliar fora das áreas delimitadas polo Plan Eólico Galego, que foron informados negativamente pola Xunta por incumprir o planeamento”.

Seguir leyendo

Pedro Puy afirma que “é o momento de repensar unha baixada da tarifa eléctrica” para “non cargar no peto dos cidadáns maiores custos da enerxía”

Santiago, 7 de xuño de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe no Parlamento que “é o momento de repensar unha baixada da tarifa eléctrica” para “non cargar o peto dos cidadáns con maiores custos adicionais da enerxía nin que as empresas teñan que facer fronte a facturas eléctricas superiores ás que pagaban durante a pandemia sanitaria”.

Seguir leyendo