O Parlamento galego insiste na demanda ao Goberno central para conectar Vigo á rede de moi alta tensión e construír a subestación de Balaídos

Santiago, 8 de xullo de 2022.- O Parlamento de Galicia insistiu hoxe, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular aprobada por unanimidade, na demanda ao Goberno de España para que rectifique e inclúa na planificación da Rede Eléctrica de España para 2021-2026 a conexión de Vigo á rede de moi alta tensión e constrúa unha nova subestación no polígono de Balaídos, que permita atender as necesidades de subministración da industria, sobre todo da factoría de Stellantis.

Seguir leyendo

O Grupo Popular demandará no Pleno que o Goberno central rectifique e non deixe sen servizo de transporte público por estrada a 23 concellos galegos

Santiago, 5 de xullo de 2022.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que Goberno de España rectifique os criterios empregados no deseño do novo mapa concesional das liñas de transporte por estrada da súa competencia e teña en conta as pecualiaridades de Galicia, garantindo os tráficos e as paradas actuais nos 23 concellos que poderían quedarán ser servizo.

Seguir leyendo