O Grupo Popular demandará no Pleno ao Goberno central que amplíe o prazo para implantar a recollida de biorresiduos e acelere a solución ao colapso da Autovía do Noroeste

Santiago, 21 de xuño de 2022.- O Grupo Popular demandará ao Goberno central no Pleno da vindeira semana que rectifique o disposto na Lei de residuos estatal, ampliando ata decembro de 2023 o prazo que teñen os concellos de máis de 5.000 habitantes para implantar a recollida de biorresiduos; e que actúe con toda a celeridade posible para dar solución ao problema xerado tras o colapso do viaduto do Castro na Autovía do Noroeste.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda continuar mellorando a accesibilidade aos albergues dos camiños de Santiago

Santiago, 21 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a continuar o traballo realizado para a mellora da accesibilidade da rede pública de albergues e, en liña co recollido no Plan Director do Camiño de Santiago 2022-2027, elaborar un Plan das necesidades de accesibilidade co tecido asociativo de persoas con discapacidade.

Seguir leyendo

Paula Prado felicita a Juanma Moreno e afirma que “triunfou unha forma de facer política desde a xestión, a moderación e a estabilidade”

Santiago, 20 de xuño de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, felicitou esta mañá a Juanma Moreno e a todos os militantes do Partido Popular en Andalucía “polo resultado histórico” conseguido onte nas eleccións autonómicas. “Triunfou unha forma de facer política desde a xestión, a moderación e a estabilidade”, sinalou Prado, quen, referíndose a Galicia, engadiu que esta vitoria “debe servir de impulso e ánimo para seguir traballando e que as próximas eleccións municipais sexan un novo paso no cambio que unha gran maioría de españoles desexan dar á política española”.

Seguir leyendo