Pedro Puy: “O inicio do curso político amosou unidade, ilusión e vontade de seguir traballando con responsabilidade e á altura dunhas circunstancias cada vez máis complexas”

Santiago, 29 de agosto de 2022- O portavoz do Grupo Popular Pedro Puy fixo referencia hoxe na súa rolda de prensa ao inicio do curso político que “iniciamos en Galicia cun acto central do noso partido a nivel nacional, que amosou a unidade, ilusión e vontade de seguir traballando con responsabilidade, propostas positivas e optimismo para estar á altura dunhas circunstancias cada vez máis complexas, e garantindo, como ocorre en Galicia, a estabilidade política”.

Seguir leyendo

Alberto Pazos: “Solicitan un pleno en base a premisas que saben falsas, deberían respectar a intelixencia dos galegos, o bo facer dos profesionais do Sergas ou, polo menos, a realidade dos feitos”

Santiago, 26 de agosto de 2022- O viceportavoz do Grupo Popular Alberto Pazos sinalou hoxe durante a celebración da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia que solicitar un pleno “en base a unhas premisas que saben falsas, e perdendo calquera atisbo de credibilidade, pero semella que calquera prezo parécelles barato para desgastar ao Goberno galego” en referencia á petición de comparecencia feita polo BNG, e instou a que “respecten a intelixencia dos galegos, o bo facer dos profesionais do Sergas, que decidiron as actuacións e recursos a enviar ou, polo menos, que respecten a realidade dos feitos” no caso acontecido recentemente en Sanxenxo cunha muller falecida.

Seguir leyendo

O Grupo Popular demanda ao Goberno medidas para permitir a viabilidade da industria intensiva como xa están a facer outros países europeos

Santiago, 25 de agosto de 2022- Ante a pasividade do Goberno central na adopción de medidas para permitir a viabilidade da industria electrointensiva, o Grupo Parlamentario Popular demandará no Parlamento de Galicia adoptar medidas por parte do Executivo de Pedro Sánchez, tomando como exemplo os plans autorizados pola Comisión Europea a outros estados membros da UE, como Alemaña, Holanda ou Finlandia, en favor de empresas de gran consumo enerxético.

Seguir leyendo

Ciclo orzamentario, Plan estratéxico para 2030 ou os ditames das Comisións para o financiamento autonómico e das políticas relativas á discapacidade, prioridades do próximo período de sesións

Santiago, 22 de agosto de 2022- O portavoz do Grupo Popular Pedro Puy sinalou hoxe en rolda de prensa que as prioridades políticas para o próximo período de sesións estará centrado en cuestións económicos, cos orzamentos, o Plan estratéxico para 2030 e o financiamento autonómico, e aspectos sociais como as propostas da Comisión para o seguimento das políticas relativas á discapacidade ou as reformas no ámbito sanitario.

Seguir leyendo

O Grupo Popular solicita por vía urxente ao Goberno central a declaración de zona catastrófica dos concellos afectados polos lumes no mes de xullo

Santiago, 11 de agosto de 2022- O Grupo Popular vén de rexistrar unha iniciativa parlamentaria por vía urxente encamiñada a dirixirse ao Goberno central co obxectivo de declarar os concellos afectados polos lumes do mes de xullo, provocados por un fenómeno atmosférico extraordinario e que afectaron na súa maioría ás provincias de Lugo e Ourense, como zona catastrófica (zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, segundo a denominación normativa) e facelo o máis axiña posible, na busca da maior axilidade e da menor burocracia posible na posta en marcha e execución das axudas e a restauración das zonas afectadas.

Seguir leyendo