O Grupo Popular demanda un plan de corresponsabilidade para fomentar a participación dos homes nas tarefas domésticas e de coidado

Santiago, 16 de marzo de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, demandou hoxe no Parlamento galego a elaboración dun plan de sensibilización, divulgación e formación para rapaces e homes no ámbito da corresponsabilidade, co obxectivo de fomentar a participación dos homes nas tarefas domésticas e de coidado, así como promover a realización de campañas e guías para fomentar os valores igualitarios na sociedade e, especialmente, entre os homes.

Seguir leyendo

O Parlamento solicita campañas para informar e concienciar aos galegos da importancia da ciberseguridade

Santiago, 16 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o PSdeG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a levar a cabo campañas dirixidas á cidadanía para informar e concienciar sobre a importancia da ciberseguridade, alertar das condutas que podan ser sospeitosas deste tipo de estafas e mellorar as capacidades do uso da tecnoloxía dixital.

Seguir leyendo

O Grupo Popular demandará no Pleno medidas de apoio para os traballadores autónomos e que o Goberno central reduza o prezo dos combustibles

Santiago, 15 de marzo de 2022.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana a posta en marcha de medidas de apoio e estímulo económico dirixidas aos traballadores autónomos, ao tempo que solicita que o Goberno central paralice a reforma do sistema de cotizacións destes traballadores. Así mesmo, demandarase que o Goberno de España reduza o prezo dos combustibles a todas as persoas consumidoras.

Seguir leyendo

Puy avoga por “unha colaboración ampla” de todas as administracións para dar resposta ás demandas actuais de cidadáns e empresas

Santiago, 14 de marzo de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe por “unha colaboración ampla” de todas as administracións públicas para dar resposta ás demandas dos cidadáns e das empresas neste momento de crise económica e social. Así, avanzou a presentación dunha proposición non de lei solicitando a implicación do Goberno de España e a Xunta, especialmente no que atinxe á rebaixa de impostos que contribúa a reducir os prezos da electricidade e os carburantes.

Seguir leyendo