O PPdeG amosa a disposición da Xunta a trasladarse da xunqueira de Alba sempre que se lle oferten unhas novas dependencias consensuadas e libres de gastos

Santiago, 19 de xaneiro de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou hoxe no Parlamento galego que a Xunta está disposta ao traslado das súas instalacións na marisma do Alba en Pontevedra, pero apuntou que “corresponde ao Concello ou á administración titular destes terreos ofertar á administración galega unhas novas dependencias, nun emprazamento consensuado e asumindo os custes de construción e traslado”.

Seguir leyendo

Elena Suárez acusa a BNG e PSdeG de “falsear a realidade” sobre a situación do marisqueo na ría de Arousa

Santiago, 18 de xaneiro de 2022.- A deputada do Grupo Popular, Elena Suárez, acusou hoxe a BNG e PSdeG de realizar un “deliberado falseamento da realidade” sobre a situación do marisqueo na ría de Arousa, xa que “a Xunta xa está levando a cabo actuacións dirixidas á calidade medioambiental con diagnose da situación; investigación científica das causas e adopción de medidas; investimentos en saneamento; axudas aos afectados para paliar a perda de ingresos; e reunións constantes co sector para consensuar as medidas a adoptar”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno central medidas para paliar o impacto da suba da luz nas empresas de industria do mar

Santiago, 18 de xaneiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España unha liña de actuación específica destinada a paliar o impacto da suba do prezo da enerxía eléctrica nas empresas da industria do mar, ao tempo que se pide á Xunta que manteña as axudas destinadas a empresas de transformación e acuicultura para proxectos de mellora da eficiencia enerxética.

Seguir leyendo

O Grupo Popular demandará no Pleno a extensión das desgravacións fiscais para o Xacobeo e a reactivación da planta de Alcoa en San Cibrao

Santiago, 18 de xaneiro de 2022.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno de España amplíe o programa de apoio ao Xacobeo 21-22 mediante a extensión das desgravacións fiscais ata o 31 de decembro de 2023. Así mesmo, solicitará que o Goberno central e Alcoa garantan a reactivación da planta de San Cibrao canto antes, ao tempo que se establece un marco enerxético competitivo para garantir o futuro da produción de aluminio primario.

Seguir leyendo

Pedro Puy valora o amplo consenso dos expertos no rexeitamento do cupo foral, a descentralizar o imposto de sociedades ou máis cesións no IRPF

Santiago, 17 de xaneiro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, valorou hoxe o amplo consenso entre os expertos que compareceron na Comisión de estudo sobre a financiación autonómica sobre cuestións como o rexeitamento ao cupo foral para todas as comunidades autónomas, á descentralización do imposto de sociedades ou a cesión significativa de máis porcentaxe no imposto sobre a renda.

Seguir leyendo

O Grupo Popular demanda á SAREB que desista da súa intención de desaloxar a 16 familias en Burela

Santiago, 17 de xaneiro de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Elena Candia, defendeu hoxe ás 16 familias de Burela ameazadas de desaloxo por parte da SAREB e demandou ao Goberno de España que evite esta actuación da sociedade pública nun inmoble cualificado como de protección autonómica ata o ano 2029. “A solución pasa porque a SAREB reconsidere o seu criterio e permita a prolongación dos contratos de alugueiro”, indicou.

Seguir leyendo