O Grupo Popular salienta que a Xunta destinará este ano máis de 8,6 millóns de euros en axudas para entidades e clubs deportivos galegos

Santiago, 8 de setembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada destacou hoxe no Parlamento galego que a Xunta disporá este ano de máis de 8,6 millóns de euros en axudas para entidades e clubs deportivos galegos. Porén, lamentou que “a inacción do Consejo Superior de Deportes durante a xestión da pandemia é especialmente gravosa no deporte estatal non profesional, que só está a percibir as axudas procedentes do Goberno galego”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda retomar a elaboración do plan de dinamización e impulso da lectura

Santiago, 8 de setembro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a retomar o antes posible os traballos de elaboración do plan de dinamización e impulso da lectura en Galicia, “un documento que deberá analizar a situación actual para enfrontar os retos e as necesidades futuras para reforzar o papel do libro galego e o hábito lector entre a cidadanía, favorecer a consolidación da industria cultural, e impulsar a internacionalización do libro e da literatura galega”, sinalou o deputado popular José Luis Ferro.

Seguir leyendo

O Parlamento reproba ao Goberno central e á dirección de Navantia polo seu “rotundo fracaso” para dotar de carga de traballo ao estaleiro ferrolán

Santiago, 7 de setembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, co único voto en contra do PSdeG, a través da que se insiste na demanda ao Goberno central para que dote de carga de traballo ao estaleiro de Navantia na ría de Ferrol e se una ao Pacto de Estado por Ferrol formulado polo Goberno galego.

Seguir leyendo

O Grupo Popular demandará no Pleno a convocatoria dunha proba extraordinaria de MIR e reformas estruturais para baixar o prezo da luz

Santiago, 7 de setembro de 2021.- O Grupo Popular demandará ao Goberno central no Pleno da vindeira semana a convocatoria dunha proba de acceso MIR de forma extraordinaria que palíe a falta de profesionais sanitarios que impide cubrir as vacantes nos centros de atención primaria; e a posta en marcha de medidas e reformas estruturais para abaratar a factura da luz das familias e empresas.

Seguir leyendo

Pedro Puy sitúa como obxectivo nos vindeiros meses impulsar a realización das medidas incluídas no ditame da Comisión de reactivación”

Santiago, 6 de setembro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, situou hoxe como obxectivo para os vindeiros meses “impulsar a realización das medidas incluídas no ditame da Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia”, tendo en conta que o 70 por cento destas accións non recibiron o voto en contra de BNG e PSdeG.

Seguir leyendo