Alberto Pazos cuestiona a BNG e PSdeG porque no seu acordo para investir a Sánchez non figuran o traspaso da AP-9, o estatuto das electrointensivas ou fondos europeos para Galicia

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que BNG e PSdeG “estean máis preocupados por poñerse medallas do acordo asinado para a investidura de Pedro Sánchez que de responder por que non figura neste pacto a transferencia a Galicia da AP-9; a aprobación do estatuto das industrias electrointensivas, que beneficie a empresas como Alcoa ou Stellantis; a concesión de fondos europeos para proxectos tractores de Galicia, como o de Altri, a reposición de traballadores públicos, sobre todo no ámbito sanitario; ou a rebaixa do prezo da luz”.

Seguir leyendo

O presidente Rueda recibe en Bertamiráns o agradecemento da veciñanza polo apoio do Goberno galego ás familias

O autobús de ‘Galicia non para!’ levou esta mañá ao presidente Alfonso Rueda a sumar un novo destino na súa ruta pola Comunidade e o lugar escollido nesta ocasión foi Bertamiráns, no concello de Ames, onde o líder dos populares galegos tivo a oportunidade de recibir o agradecemento da veciñanza polas medidas que está a tomar o Goberno galego a prol das familias.

Seguir leyendo

Paula Prado fai un chamamento a que os galegos reivindiquen a igualdade de todos os españois o domingo ás 12: “Galicia séntese indignada e a democracia débenos unir unha vez máis”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, fixo hoxe un chamamento a todos os galegos e galegas para que este domingo 12 de novembro, ás 12:00 horas, acudan ás mobilizacións convocadas nas catro capitais provinciais para reivindicar a igualdade de todos os españois. “Cada vez hai máis motivos para asistir”, remarcou ao tempo que engadía que, fronte á indignación, “a democracia debe unirnos unha vez máis”.

Seguir leyendo

Alfonso Rueda comprométese cos galegos a que “non teñan que asumir as débedas nin a mala xestión doutros” e pide o mesmo trato para Galicia que o resto de comunidades

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, esixiu hoxe respecto para Galicia e reiterou o seu compromiso para que os galegos “non teñan que asumir nin as débedas nin a mala xestión dos demais”. Nun contexto marcado polas negociacións da investidura de Pedro Sánchez, o presidente amosouse categórico: “Pido o mesmo trato, como mínimo, para Galicia que o que se lle da aos demais. Non máis, pero tampouco menos”.

Seguir leyendo

Paula Prado recrimina a Besteiro e Pontón que estean “vendendo Galicia a prezo de saldo” para investir a Pedro Sánchez: “Isto vaille costar 400 € a cada galego”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, denunciou hoxe que a condonación da débeda de 15.000 millóns de euros a Cataluña a cambio de investir a Pedro Sánchez “vaille costar a cada galego 400 euros”, recriminando neste sentido a Ana Pontón e a José Ramón Gómez Besteiro que estean “vendendo Galicia a prezo de saldo só para que Sánchez siga na Moncloa”.

Seguir leyendo

Paula Prado valora as cifras “récord” de turistas na Comunidade: “Galicia non para, tampouco de recibir visitantes e consolidarse como destino turístico de preferencia para cada vez máis persoas”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, valorou hoxe as cifras de turistas que visitaron a Comunidade ao longo destes meses e prognostica outro ano de récord para o sector: “Galicia non para, tampouco de recibir visitantes e de consolidarse como turístico de preferencia para cada vez máis persoas”.

Seguir leyendo