O Parlamento aproba o ditame da Comisión para a igualdade e os dereitos das mulleres, base do Pacto galego para erradicar a violencia de xénero

Santiago, 4 de febreiro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co voto favorable do Grupo Popular e a abstención de toda a oposición, o ditame da Comisión non permanente de estudo para a igualdade e para os dereitos das mulleres que sintetiza propostas de actuación que sosterán a base do Pacto galego contra a violencia de xénero para poder chegar ao fin común que é a erradicación da violencia contra as mulleres.

Seguir leyendo

O PPdeG acusa á oposición de pretender crear un novo imposto de bebidas azucradas que recaería sobre todo nas rendas medias e baixas

 

Santiago, 4 de febreiro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Jackeline Fernández acusou hoxe aos grupos da oposición de pretender crear un novo imposto ás bebidas azucradas “sen ningún tipo de modelo de tributación e que recaería sobre todo nas rendas medias e baixas, que son precisamente as consumidoras principais deste tipo de produto”.

Seguir leyendo

O PPdeG critica “a covardía” do Grupo Común da Esquerda ao retirar do Pleno unha proposición non de lei sobre o proxecto da mina de Touro

Santiago, 3 de febreiro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco criticou hoxe “a covardía” do Grupo Común da Esquerda ao retirar do Pleno de mañá unha proposición non de lei sobre o proxecto de explotación da mina de Touro, logo de que a Xunta considerara negativa a declaración de impacto ambiental desta iniciativa empresarial.

Seguir leyendo

O Grupo Popular solicitará no Pleno que o Goberno central atenda as demandas da Axenda Galicia

Santiago, 3 de febreiro de 2020.- O Grupo Popular defenderá no Pleno desta semana que o Goberno central atenda as demandas prioritarias fixadas na Axenda Galicia, aprobada polo Goberno galego o pasado 31 de outubro. “Temos cumprido todos os compromisos e entendemos que desde esa lexitimidade de ser unha comunidade leal podemos demandar que Goberno central cumpra coas obrigas que ten con Galicia”, sinalou o portavoz popular, Pedro Puy.

Seguir leyendo

Tellado: “Se o Goberno non ten os 200 millóns de euros do IVE dos galegos ten que aclarar en que os gastou”

31, xaneiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que é un insulto á intelixencia que a ministra de Hacienda diga que o diñeiro do IVE que debe a Galicia “non existe”, xa que son 200 millóns xa recadados. “Se o Goberno xa non os ten, debe aclarar en que gastou un diñeiro que era para a sanidade, a educación e os servizo sociais de todos os galegos”, engadiu.

Seguir leyendo