O PPdeG salienta que a Xunta negocia cos sindicatos a creación de 548 novas prazas no servizo de extinción de incendios forestais e a ampliación da duración dos seus contratos

Santiago, 29 de abril de 2019.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Moisés Blanco Paradelo, salientou hoxe que a Xunta “está a negociar cos sindicatos tanto o decreto que valora a experiencia dos traballadores que prestan os seus servizos en empresas públicas como Seaga, aos efectos da súa incorporación como persoal temporal ao servizo de loita contra os incendios forestais; como a ampliación da duración dos seus contratos ou a creación de 548 novas prazas para integrar todos os empregados do servizo de extinción de incendios no propio servizo”.

Seguir leyendo

O PPdeG solicita ao Goberno do Estado que simplifique e axilice a tramitación das prestacións por embarazo a mariscadoras, percebeiras, redeiras ou traballadoras da pesca artesanal

Santiago, 26 de abril de 2019.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno do Estado que garanta unha maior simplicidade e axilidade na tramitación das prestacións por risco durante o embarazo en favor de mariscadoras, percebeiras, redeiras e traballadoras da pesca artesanal por parte da entidade á que lle corresponde esta tramitación: ben sexa o Instituto Social da Mariña ou as mutuas colaboradoras da Seguridade Social.

Seguir leyendo

Feijóo pide o apoio dos galegos que dubidan entre PP e C’s ou VOX para que o seu voto teña escano e sirva para formar outro Goberno

26, abril, 2019. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, pediu o apoio dos galegos que dubidan entre o Partido Popular e Ciudadanos ou VOX para que o seu voto teña escano e sirva así para formar outro Goberno, xa que, tal e como apuntou, os votos a estes partidos non rivalizan con Pedro Sánchez, ao contrario, benefícianlle.

Seguir leyendo

Feijóo pide o voto para o PP porque hai tantas razóns como en xuño de 2016 e máis riscos con Sánchez como presidente

25, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, durante un mitin na Coruña, pediu o voto este domingo para o Partido Popular, porque hai tantas razóns como había en xuño de 2016 e máis riscos con Pedro Sánchez como presidente do Goberno. Así, salientou que entre os motivos está evitar o bloqueo do país, a inestabilidade e a frivolidade.

Seguir leyendo