O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno de España a transferir fondos europeos para a súa xestión directa co obxectivo de garantir a viabilidade dos principais proxectos tractores galegos, ao igual que ten feito con outras Comunidades Autónomas.
A mocidade do PPdeG involúcrase desde Bruxelas no futuro da Unión Europea
Oito mozos e mozas das catro provincias galegas representan estes días ao Partido Popular de Galicia na segunda edición da Semana Europea da Xuventude organizada polo Partido Popular Europeo en Bruxelas.
O Grupo Popular leva de novo ao primeiro Pleno deste período de sesións a proposición de lei para a transferencia da AP-9 á Xunta de Galicia
O Grupo Popular incorporou á orde do día do primeiro Pleno deste novo período de sesións, que se celebrará a vindeira semana, o debate da proposición de Lei, para a súa remisión ao Congreso, de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Xunta de Galicia, unha vez que a iniciativa que xa se estaba a tramitar na Cámara Baixa decaeu pola convocatoria das eleccións xerais. Así mesmo, o Grupo Popular demandará que o Parlamento galego exprese o seu firme compromiso na defensa da Constitución de 1978 e da independencia do Poder Xudicial, así como que a Xunta potencie a investigación no eido da medicina xenómica.
O PPdeG esixe ao Goberno central que finalice “sen dilación nin máis demoras” a autovía A-54 para que poida estar en servizo no ano 2024
O PPdeG esixe ao Goberno central que finalice “sen novas dilacións e demoras” as obras en todos os treitos pendentes da autovía entre Lugo e Santiago (A-54), así como o compromiso de que esta “infraestrutura básica para conectar o centro e interior de Galicia” poida poñerse en servizo no ano 2024.
O PPdeG sitúa a creación de postos de traballo co impulso do sector industrial como un dos principais obxectivos para o novo curso político
28 de agosto de 2023. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, situou hoxe como “un dos principais obxectivos para o vindeiro período de sesións no Parlamento de Galicia a creación de postos de traballo co impulso do noso sector industrial, apoiado na chegada dos fondos europeos e atendendo as súas demandas, sobre todo en materia de enerxía”.
Alfonso Rueda: “Galicia nunca vai pagar rescates imposibles nin cederá ante a chantaxe e non toleraremos que se compren gobernos a costa dos recursos dos galegos”
27 de agosto de 2023. O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou a vitoria do PP nas eleccións municipais e autonómicas, así como o apoio masivo recibido por Alberto Núñez Feijóo nas xerais en Galicia. Tal e como demostra o feito de que o PPdeG obtivese 13 de 23 escanos e o número máximo de senadores, 14. “Con firmeza, convencemento e enteireza dígoche, Alberto, que tes que ser o próximo presidente de España. Tal e como dixeron centos de miles de galegos o 23 de xullo”, asegurou dirixíndose ao líder dos populares.
Paula Prado: “O Castelo de Soutomaior volverá ser o símbolo dos éxitos do PP grazas ao liderado de Feijóo, que nos devolveu orgullo das vitorias neste ano 2023”
26 de agosto de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegura que o ano 2023 será recordado como o ano no que Alberto Núñez Feijóo “devolveu ao PP o orgullo das vitorias” e por iso reivindica a celebración do acto de inicio do novo curso político no lugar que durante anos simbolizou os éxitos da formación: o pontevedrés Castelo de Soutomaior.
Paula Prado asegura que só Feijóo pode liderar “un cambio de rumbo” en España desde a moderación e a capacidade de xestión e contar así cun Goberno que “asuma e faga seus os intereses de Galicia”
23 de agosto de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado reivindica a designación de Alberto Núñez Feijóo como candidato á Presidencia do Goberno en calidade de “líder da forza política que gañou as eleccións o pasado 23 de xullo” e apunta como principal responsabilidade do candidato “garantir a estabilidade de España, a igualdade de todos os españois ante a Lei, a independencia das institucións públicas e o respecto a ultranza da Constitución española”.
Manifesto do PPdeG co gallo do Día de Galicia
Neste 25 de xullo, Día de Galicia, as mulleres e homes do Partido Popular queremos expresar unha vez máis o orgullo que nos produce ser membros dunha comunidade humana tan boa, xenerosa e fértil en relacións e integracións de moi distintos colectivos e xentes.
Mariano Rajoy destaca que Feijóo es el mejor candidato a la presidencia del Gobierno porque es el único que puede ofrecer a España el sosiego, la tranquilidad y la normalidad que necesita
El presidente de honor del PPdeG felicitó al PP de Lugo por su “trabajo y esfuerzo” en las últimas elecciones municipales: “Faltó nada para hacernos con la Diputación y que Elena Candia fuese alcaldesa. Por eso ahora tenemos que trabajar para no tener que decir que nos quedó nada para tener el tercer diputado por la provincia”.