O Parlamento reclama unha etiquetaxe máis detallada para protexer o mel nacional fronte ao de importación

Santiago, 22 de xaneiro de 2019. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei para solicitar ao Goberno de Estado unha etiquetaxe do mel que especifique de forma clara e precisa a orixe do produto, indicando ademais a porcentaxe concreta de mel de cada procedencia no caso de produtos de mestura, na liña do que está reclamando o colectivo de apicultores.
Seguir leyendo

Pedro Puy cualifica os orzamentos do Estado de “pouco cribles, polo que non nos fan ser especialmente optimistas”

Santiago, 21 de xaneiro de 2019.- O portavoz  do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe os orzamentos do Estado de “pouco cribles, polo que non nos fan ser especialmente optimistas”. Así mesmo, indicou que “non son bos para Galicia”, ao tempo que poñen de manifesto “o que tenta facer o actual Goberno do Estado: suben en Cataluña e nas comunidades gobernadas polo PSOE, fronte ás caídas xeneralizadas nas comunidades do PP”.
Seguir leyendo

Puy critica que a oposición dea pábulo a denuncias sobre os servizos de urxencias baseadas en informacións que non se axustan á realidade

Santiago, 14 de xaneiro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe que os grupos da oposición estean a darlle “pábulo a denuncias que afectan tanto ao traballo dos profesionais dos servizos de urxencias sanitarias como aos pacientes que demandan este servizos, baseadas en afirmacións que non se axustan á verdade, como dalgún xeito se veu recoñecer cando se tiveron que rectificar ou aclarar estas declaracións”.
Seguir leyendo

Pardo mostra a preocupación pola vulnerabilidade da mocidade galega ante a tendencia impositiva do Goberno de Sánchez

O presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, mostrou a preocupación coa que a mocidade galega acolle os anuncios das futuras subidas de impostos que prepara o executivo de Sánchez ao considerar que pon en perigo a creación de postos de traballo pola incertidume que provocan estes anuncios, como a subida do imposto o diésel que provoca un encarecemento dos desprazamentos, o cal afecta os sectores máis vulnerables da sociedade.

Seguir leyendo

Feijóo propón para as cidades gobernos que funcionan como o de Galicia, en lugar de fracasos como o de España

Na presentación dos sete candidatos, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo para as cidades galegas gobernos que funcionan como o de Galicia, en lugar de fracasos como o de España: “Con estas cabezas de cartel, non hai ningunha dúbida de que o modelo que funcionou en Galicia tamén funcionará nas sete cidades e o fracaso do Goberno de España tamén fracasará”.

Seguir leyendo