O presidente do PPdeG referiuse ao cara a cara de onte contrapoñendo a un Sánchez “irritado e incapaz de contestar a practicamente ningunha das propostas que se plantexaron” fronte a “un ourensán dos Peares que deu a talla e demostrou que pode ser un magnífico presidente de España”.
O PP atenderá as demandas dos mutualistas alternativos para promover unhas xubilacións dignas a este colectivo de traballadores
10 de xullo de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que un Goberno de Alberto Núñez Feijóo atenderá as demandas dos mutualistas alternativos para promover, xunto coas propias mutualidades, unhas condicións de xubilación dignas para este colectivo de traballadores.
Paula Prado amósase convencida de que Feijóo se mostrará no cara a cara de hoxe como o que é: “Un político solvente, serio e responsable”
A 13 días das eleccións xerais, a secretaria xeral do PPdeG fixo un chamamento ao voto e a non caer no conformismo: “Todos os que queremos un cambio o 23 de xullo temos a responsabilidade de ir votar, porque a día de hoxe as urnas están baleiras e hai que enchelas de papeletas do PP”
Alfonso Rueda: “Podemos sentirnos orgullosos dos pasos importantes que demos para avanzar na igualdade real e non imos aceptar leccións de quen votou a favor da Lei do só si é si”
O presidente do PPdeG subliñou que “nos temas serios como a igualdade ou a loita contra a violencia machista, vale máis traballar moito e falar un pouco menos”, facendo referencia a aqueles que “cren que a igualdade consiste só un slogan ou en pasar das pancartas ás leis”
Alfonso Rueda: “Galicia vai ser un piar fundamental na vitoria de Alberto Núñez Feijóo”
O presidente do PPdeG amosouse convencido de que “Galicia vai ser un piar fundamental na victoria de Alberto Núñez Feijóo” o próximo 23 de xullo e, dirixíndose directamente ao presidente nacional, asegurou : “En 2009 chegou o momento por primeira vez e agora, no 2023, é o teu momento”
Paula Prado: “Mañá a Praza de Touros de Pontevedra será a Praza de Todos e o comezo do cambio que España necesita”
8 de xulo de 2023. Nunha visita de supervisión dos traballos de montaxe do gran acto central de campaña, a secretaria xeral do PPdeG indicou que 12.000 persoas serán as que mañá volverán encher a Praza de Touros de Pontevedra, o lugar onde se fraguaron as vitorias de Alberto Núñez Feijóo en Galicia desde 2009 e, polo tanto, un “emblema e talismán” para a formación.
Paula Prado, en referencia á Lei do só si é si: “Ninguén entende que Sánchez seguira á fronte dun Goberno que provocou este retroceso nos dereitos das mulleres”
7 de xullo de 2023. A secretaria xeral do PPdeG considera “hipócrita” que o lema do PSOE nesta campaña sexa Adelante cando o realmente o sanchismo supuxo “cinco anos de pasos atrás” en cuestións, como por exemplo, os dereitos das mulleres. En declaracións aos medios antes da inauguración do X Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia en Agolada e facendo referencia aos últimos datos sobre os resultados da aplicación da Lei do só si é si (máis de 1.200 agresores sexuais que viron reducidas as súas penas e 117 violadores que saíron á rúa antes de tempo), Paula Prado afeou a Pedro Sánchez que cualificase esta norma de “magnífica”: “Despois destes resultados, ningún gobernante do mundo pode dicir que é unha magnífica lei”.
Alfonso Rueda subliña que “é o momento” de que en Madrid se faga política á galega e agarda que o cambio triunfe o 23 de xullo: “Opa Feijóo!”
6 de xullo de 2023. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, considera que as eleccións xerais serán unha gran oportunidade para darlle todo o apoio, a confianza e o respaldo a quen durante 13 anos presidiu a nosa Comunidade. “É o momento de que Galicia volva ensinar un camiño de política útil para todos os españois e de que en Madrid se faga política á galega da man de Alberto Núñez Feijóo”.
O Parlamento de Galicia insiste en pedir ao Goberno central medidas para paliar a falta de profesionais sanitarios na atención primaria
5 de xullo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG, a través da que se pide ao Goberno central a reforma do sistema de elección de prazas de formación sanitaria especializada; acelerar a creación do título de especialista en urxencias e emerxencias; flexibilizar os requisitos de acreditación de unidades docentes na especialidade de medicina de familia; ofertar 1.000 prazas formativas de medicina de familia máis en toda España; e manter completo e actualizado o Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios.
O PPdeG analiza co Consello da Avogacía Galega a situación do sector e as propostas incorporadas no programa do PP neste ámbito
5 de xullo de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, acompañado dos viceportavoces Paula Prado e Alberto Pazos, reuniuse esta tarde coa Pleno do Consello da Avogacía Galega, encabezado pola súa presidenta, Lourdes Carballo, para analizar a situación deste sector, sobre todo en asuntos relacionados coa conciliación familiar e a mellora das xubilacións das mutualidades.