Santiago, 3 de abril de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que, igual que van someter a continuidade de Paula Quinteiro a votación dentro das bases de En Marea, os deputados desta formación deberían votar tamén a continuidade de Luis Villares como portavoz dentro do grupo parlamentario.
Pedro Puy cualifica os orzamentos do Estado como «dignos porque reforzan a imaxe de estabilidade de España e a capacidade de gasto de quen máis o precisa»
Santiago, 2 de abril de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o proxecto de orzamentos xerais do Estado son “dignos de ser aprobados, porque reforzarán a imaxe de estabilidade de España, a capacidade de gasto de quen máis o precisa e contribuirán a mellorar o funcionamento do sistema democrático”.
Puy demandou unha reflexión por parte dos grupos da oposición para comprobar “se interesa máis aprobar estes orzamentos co que incorporan ou manter a prórroga das contas vixentes desde o pasado ano”. “É certo que son os máis sociais dos últimos anos, para que o crecemento permita fortalecer aquelas persoas que máis sufriron coa crise económica”, polo que animou a “contribuír a reforzar ou mellorar” estas contas públicas.
CONTINUAR COA RECUPERACIÓN
Na súa intervención, o portavoz popular lembrou que no pasado Pleno aprobouse unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se instaba aos grupos parlamentarios do Congreso a facilitar a aprobación dos orzamentos xerais para 2018. “Consideramos que son bos para continuar coa recuperación económica, dan unha sensación real de estabilidade e incorporan cuestións que benefician a unha gran maioría dos galegos”, apuntou.
Pedro Puy salientou que os orzamentos recollen unha “inxección de 2.000 millóns de euros a través de rebaixas no IRPF ás rendas máis baixas, que van desde deducións por gastos de gardería, discapacidade ou familia numerosa, ata a elevación do umbral de tributación ata os 14.000 euros ou o incremento da redución da tributación para as rendas do traballo, e que beneficiarán a máis de 3,5 millóns de traballadores”.
Así mesmo, destacou a suba de ata un 3 por cento das pensións, que beneficiará a cerca de 500.000 pensionistas galegos; e a suba importante dos salarios dos empregados públicos, pactada cos sindicatos.
ACTUACIÓN MOI CORRECTA
Cuestionado sobre a situación da folga do persoal da Xustiza en Galicia, Pedro Puy afirmou que o vicepresidente da Xunta “ten actuado moi correctamente defendendo o interese xeral, expresado nunha proposición non de lei aprobada por unanimidade neste Parlamento que recollía o que os propios sindicatos esixían”.
Deste xeito, lembrou que a iniciativa parlamentaria demandaba que os complementos autonómicos estiveran por enriba da media das comunidades españolas, ao tempo que se establecía unha garantía do complemento tamén por enriba da media española.
“Agora, no debate, unha vez se cumpre o mandato parlamentario e que a suba salarial do persoal da Xustiza superaría o 13 por cento, cómpre non poñer máis escusas e poñer fin a esta folga que está afectando a moitas familias e moitos operadores do sector, conlevando un atraso na tramitación de procedementos xudiciais”, manifestou.
O Grupo Popular salienta as medidas adoptadas pola Xunta ante os danos ocasionados polo xabaril
Santiago, 28 de marzo de 2018.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado salientou hoxe no Parlamento as medidas adoptadas pola Xunta ante os danos ocasionados polo xabaril, “tendo en conta a opinión de todos os colectivos implicados a través dun grupo de traballo no que se coordinan e consensúan as actuacións”.
O Parlamento insta á Xunta a elaborar unha estratexia de actuación sobre as centrais hidroeléctricas con dereito concesional a extinguir
Santiago, 28 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a elaborar unha estratexia de actuación sobre os aproveitamentos hidroeléctricos con dereito concesional a extinguir no presente e no seguinte ciclo de planificación hidrolóxica (ata o ano 2027), na que se analicen os condicionantes xurídicos, económicos, ambientais e sociais que permitan decidir, no seu caso, a modalidade de explotación dos mesmos.
Tellado lamenta que PSOE e Mareas xa anunciaran que van votar en contra duns Orzamentos que subirían as pensións
O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ofreceu, unha rolda de prensa na que valorou dos Orzamentos Xerais do Estado. Neste senso, salientou “cuestións claves para Galicia” como a subida das pensións de menor de contía e rebaixas fiscais que dará un maior poder adquisitivo aos nosos maiores, a subida de salarios dos empregados públicos ou proxectos industriais fundamentais como a construción das fragatas F-110, que suporán “a creación de 7.000 postos de traballo e a modernización do sector naval na comarca de Ferrol”.
O Parlamento insta á Xunta á salvagardar o total respecto ao contorno, cumprimento da legalidade e garantías urbanísticas no proxecto da mina de Touro-O Pino
Santiago, 28 de marzo de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a avaliar as consecuencias e circunstancias do proxecto de explotación mineira San Rafael, situado nos concellos de Touro e O Pino, desde o total garantismo legal e o rigor na execución do procedemento, de forma que se salvagarde o total respecto ao contorno, o estrito cumprimento da legalidade vixente e se dote de todas as garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas
O PPdeG apoia que a Xunta incremente os programas formativos dos colectivos do Servizo Público contra Incendios
Santiago, 28 de marzo de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a incrementar os programas formativos encamiñados a preparar adecuadamente aos membros dos distintos colectivos do servizo público de incendios para facerlle fronte ás novas tipoloxías do lume.
Tellado di que o desafío permanente a Villares e a actitude dos seus representantes desacredita a En Marea como primeira forza da oposición
Santiago, 27 de marzo de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, apuntou esta mañá que o desafío permanente a Luis Villares dentro da súa propia formación e a actitude dos seus representantes desacredita a En Marea como primeira forza da oposición en Galicia.
Pedro Puy afirma que «Galicia está saíndo da crise fortalecida e cunha capacidade de resolver as desigualdades superior a outras comunidades autónomas»
Santiago, 26 de marzo de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “Galicia está saíndo da crise fortalecida e cunha capacidade de resolver as cuestións de desigualdade superior a outras comunidades autónomas”. Esta situación “nos leva a seguir traballando e a perseverar no traballo para conseguir que finalmente superemos esta etapa con maior nivel de igualdade, renda e traballo do que a crise nos deixou”.
O PPdeG demanada a En Marea,PSOE e BNG que publiquen no portal de transparencia das institucións onde gobernan os acordos acadados e o seu grao de cumprimento
Santiago, 23 de marzo de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, demandou hoxe a En Marea, PSOE e BNG que sigan o exemplo da Xunta nos concellos e deputacións nos que gobernan publicando no seu portal de transparencia os acordos acadados e o seu grao de cumprimento.