O Grupo Popular apoia que aXunta dote ao CHUO dunha cociña propia e de calidade, adaptada ás necesidades do Hospital

Santiago, 15 de marzo de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento solicitar á Xunta que dote ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) dunha cociña propia e de calidade, adaptada ás necesidades do hospital.

A deputada popular Marta Rodríguez-Vispo explicou que o proceso de contratación da nova cociña do CHUO “está en fase de licitación, colgado na páxina web da Xunta desde a pasada semana por un importe de 3.750.000 euros”. O período de recepción de ofertas rematará o vindeiro 11 de abril.

Rodríguez-Vispo explicou que, logo de estudar os beneficios e inconvenientes dos modelos de cociña de liña fría ou quente, a Consellería de Sanidade decidiuse por instalar un sistema mixto.

Respecto do persoal, a deputada popular subliñou que “a situación laboral dos traballadores que prestan neste momento servizos na cociña será a mesma que actualmente”.

O Grupo Popular pide aos sindicatos da Xustiza «responsabilidade e recoñecer que a Xunta está a cumprir todas as demandas aprobadas por unanimidade no Parlamento»

Santiago, 14 de marzo de 2018.- A viceportavoz e portavoz de Xustiza do Grupo Popular,  Paula Prado, demandou  hoxe aos representantes sindicais dos traballadores da Administración de Xustiza en Galicia “responsabilidade e recoñecer que a Xunta está a cumprir todas as demandas aprobadas por unanimidade neste Parlamento”.

Seguir leyendo

O PPdeG defenderá no pleno que os grupos do Congreso faciliten a aprobación dos orzamentse que os concellos devolvan a plusvalía municipal cobrada indebidamente

Santiago, 13 de marzo de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei a través das que se solicita aos grupos parlamentarios do Congreso que faciliten a tramitación, debate e aprobación dos orzamentos do Estado para 2018; e se insta ao Goberno central para que permita aos concellos utilizar os remanentes de tesourería positivos para a devolución do imposto da plusvalía cobrada indebidamente.

Seguir leyendo

O PPdeG critica que o PSOE pida agora que a Xunta rehabilite o Pazo de Lourizán cando se negaron desde a Deputación de Pontevedra a crear un centro de investigación co financiamento de Ence

Santiago, 13 de marzo de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira cualificou hoxe de “irresponsabilidade tremenda que o Goberno socialista da Deputación de Pontevedra rexeitara o proxecto da Xunta para rehabilitar o Pazo de Lourizán en Pontevedra e crear un centro de investigación, co financiamento da empresa Ence”.

Seguir leyendo

Novas Xeracións inicia con DOWN Galicia a súa rolda de reunións con asociacións de ámbito social de Galicia

13 de Marzo de 2018.- O presidente e a coordinadora xeral de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo e Eugenia Vizcaíno, reuníronse este mércores co presidente de DOWN Galicia, Delmiro Prieto, e coa xerente da asociación, Sonia Caldas. Trala xuntanza, Pardo salientou o enorme labor que realizan este tipo de organizacións, “sendo un exemplo de compromiso social para outras asociacións”.

Seguir leyendo

Feijóo: “Non deixedes de debater e de defender en público aquilo no que credes porque intentar convencer con argumentos é facer política”

Santiago, 11 de marzo de 2018.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, clausurou esta mañá o II Torneo de Debate do PPdeG, onde pediu aos participantes que non deixen nunca de debater e de defender en público aquilo no que creen. “Sexa no bar, na casa, no salón de plenos, no Parlamento ou nun torneo coma este, intentar convencer aos demais cos argumentos e con razóns é facer política”, salientou.

Seguir leyendo