O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindica que Lugo está moi presente nos Orzamentos do ano 2024, que foron aprobados hoxe e que son unhas contas que reflexan unha forma de gobernar á galega: pensando na xente e nos seus problemas reais desde o sentidiño e co obxectivo de manter a illa de estabilidade na que se converteu Galicia.
Alfonso Rueda asegura aos vigueses que sempre poderán contar co Goberno galego para defender os seus intereses ante as débedas pendentes de Pedro Sánchez coa cidade
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, comprometeuse hoxe cos vigueses a seguir defendendo desde o Goberno galego os seus intereses ante as débedas pendentes de Pedro Sánchez coa cidade, ao tempo que animou aos seus a seguir traballando por ofrecer estabilidade e rigor á xente.
O PPdeG denuncia os agravios de Pedro Sánchez a Galicia en materia de infraestruturas: “Os galegos non queren máis propaganda de factoría Moncloa, o que necesitan é un carrusel de feitos”
O PPdeG reuniu hoxe en Lugo ao seu Comité de Cidades para reivindicar a importancia das infraestruturas como “sinónimo de progreso e de calidade vida, así como de vertebración territorial e cohesión social” e denunciar os agravios de Pedro Sánchez ao longo dos últimos cinco anos. “Os galegos non queren máis anuncios e propaganda de factoría Moncloa, porque o que Galicia merece e necesita é un carrusel de feitos logo de cinco anos escuros en materia de infraestruturas”.
Paula Prado: “O Amnistía Tour que está facendo Pedro Sánchez terán que pagalo os galegos e galegas, incluso os que votaron ao PSOE, cunha entrada que custa 400 euros”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe que a visita de Pedro Sánchez a Galicia é parte do “Amnistía Tour” que o ten a el como artista principal pero conta con “demasiados invitados”, lamentando neste sentido que “os galegos e galegas, incluso os que votaron ao PSOE, van ter que pagar unha entrada que custa 400 euros por persoa”.
Alfonso Rueda apela al ejercicio de la política pensando en la gente y en sus problemas que practica el PP de A Coruña como “receta” de éxito para el conjunto de Galicia
El presidente del PPdeG, Alfonso Rueda aseguró hoy que la “receta” del éxito de Galicia y aquello que convierte a nuestra Comunidad en una “isla de estabilidad y rigor” es el ejercicio de la política pensada en la gente y en la resolución de sus problemas que se practica desde el Gobierno gallego y que día a día demuestra también el PP en la ciudad de A Coruña.
Alfonso Rueda reivindica en Santiago un ano no que o Goberno galego fixo mellorar a vida dos composteláns e de todos os galegos grazas a novidosas medidas sociais
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, fixo hoxe balance dun ano 2023 que cualificou de positivo e que, asegurou, pecha coa satisfacción do traballo ben feito grazas ás novidosas medidas sociais promovidas pola Xunta e que se traduciron nunha mellora da vida dos composteláns e de todos os galegos.
Paula Prado cataloga o Bono Deporte e as novas axudas á dependencia como exemplos de que Alfonso Rueda goberna “pensando nas prioridades dos galegos desde o berce ata o bastón”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, considera que o Bono Deporte e as novas axudas á dependencia promovidas desde o Goberno galego son dous dos mellores exemplos de que o presidente Alfonso Rueda goberna “pensando nas prioridades dos galegos desde o berce ata o bastón”.
Rueda ratifica no sur da provincia de Pontevedra a importancia que os galegos dan á estabilidade, o sentidiño e a “normalidade extraordinaria” que garanten os gobernos do PPdeG
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, ratificou hoxe no seu percorrido por diversos concellos do sur da provincia de Pontevedra a importancia que os galegos dan á estabilidade, o sentidiño e a “normalidade extraordinaria” que garante o seu partido alá onde goberna e que fai do PPdeG o partido que máis se parece a Galicia.
Alfonso Rueda pon en valor que Galicia, como Vilanova de Arousa, conta cun goberno estable e dedicado a traballar por e para a xente
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor que Galicia conta cun goberno estable e dedicado a traballar por e para a xente, co único obxectivo de mellorar a vida dos galegos, e que por iso a nosa Comunidade é a día de hoxe unha “illa de estabilidade” dentro do conxunto de España.
Alfonso Rueda reivindica a estabilidade, o rigor e a convivencia como principios fundamentais dun PPdeG que demostra a súa política con feitos
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe que a política que leva a cabo o seu partido alá onde goberna é a política dos principios, da estabilidade, do rigor e da convivencia e que isto se demostra con feitos tanto nas actuacións do Goberno galego como na xestión de Nidia Arévalo á fronte do Concello de Mos.