Santiago, 6 de marzo de 2018.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, reiterou esta tarde no Parlamento o compromiso da Xunta de Galicia de rematar administrativamente antes de 2020 as 128 zonas vivas de concentración parcelaria existentes na Comunidade galega. “O obxectivo é dotar aos nosos agricultores e gandeiros de explotacións con base territorial suficiente para garantir a súa rendibilidade”, apuntou.
Pedro Puy avanza a disposición do GPP de «procurar consensos e acordos» na sesión plenaria en materia de desigualdade entre homes e mulleres
Santiago, 5 de marzo de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o PPdeG aborda o Pleno desta semana “procurando consensos e acordos” en materia de igualdade entre homes e mulleres, co obxectivo de trasladar á sociedade “unha imaxe de unidade e responsabilidade para avanzar ante un problema que afecta a máis da metade de toda a poboación galega”.
Feijóo defende impulsar a igualdade con propostas fronte aos que só o fan con protestas
A Coruña, 3 de marzo de 2018.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participou esta mañá no encontro “As mulleres facendo Galicia” onde salientou que é necesario que a igualdade non sexa unha trincheira política, senón unha misión compartida entre todos. “Espero que este Día da Muller marque un cambio na dinámica política e que a igualdade non se vexa como un campo de xogo para gañar votos, senón como unha prioridade nacional que require grandes acordos”, salientou.
Tellado di que o único que non foi capaz de facer o PPdeG foi crear emprego ao ritmo que o destruíron os socialistas e os nacionalistas
Santiago, 2 de marzo de 2018.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que “os gobernos do Partido Popular o único que non foron capaces de lograr en materia de emprego foi crealo ao mesmo ritmo que os socialistas e os nacionalistas o destruíron”. Así mesmo, manifestou que aínda que os partidos da oposición volverán intentar torturar os números para pintar un panorama catastrófico, a realidade é que os datos de emprego coñecidos esta mañá son “moi positivos”.
O GPP defende que a dotación de novos ciclos formativos no IES de Melide responda a criterios obxectivos, técnicos e froito do consenso, non de localismos
Santiago, 1 de marzo de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, manifestou hoxe no Parlamento que a dotación de novos ciclos formativos no instituto de Melide “debe responder a criterios obxectivos, técnicos e froito do consenso, non a criterios localistas e menos partidistas”.
O PPdeG demanda que a Xunta inicie en 2018 os trámites para o arranxo da estrada LU-710 entre o enlace coa A-6 e Baralla
Santiago, 1 de marzo de 2018.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez Barreira demandou hoxe no Parlamento que a Xunta inicie este ano 2018 os trámites necesarios para realizar as obras de arranxo da estrada LU-710 entre o enlace coa A-6 e Baralla, de tal maneira que este tramo conte coas mellores prestacións posibles que sexan compatibles coa orografía do terreo e cos valores naturais do río Neira e a súa contorna.
O GPP considera lamentable que En Marea rachara no Parlamento o consenso para pedir a inclusión de Galicia no Corredor Atlántico de Mercadorías
Santiago, 1 de marzo de 2018.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez Barreira considerou “lamentable que En Marea rachara hoxe o consenso que saíu do Pleno do Parlamento do pasado 19 de decembro na defensa da redefinición do Corredor Atlántico de Mercadorías, de xeito que incorpore e priorice a conexión ferroviaria dos portos galegos de Vigo e A Coruña co seu trazado español actual, a través de Monforte, León e Palencia”.
O Parlamento insta á Xunta a axilizar a construción da senda entre Agrela e Marineda en A Coruña para que estea rematada neste ano 2018
Santiago, 1 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a axilizar a construción da pasarela e o itinerario peonil e ciclista entre Agrela e Marineda no concello de A Coruña co obxectivo de que estea rematada neste ano 2018, ao tempo que demanda ao Concello para que actúe no seu ámbito competencial e dea continuidade á obra que executa a Xunta cara á cidade ao longo da Avenida de Arteixo.
O Parlamento aproba un conxunto de medidas dirixidas á mellora da Administración de xustiza para as mulleres vítimas de violencia de xénero
Santiago, 28 de febreiro de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe que o Parlamento galego aprobara, en base a unha emenda do PPdeG, un conxunto de medidas dirixidas á mellora da Administración de Xustiza para as mulleres vítimas de violencia de xénero.
Tellado: “Os sindicatos veñen de confirmar que prefiren bloquear a Xustiza que sentarse a negociar”
Santiago, 28 de febreiro de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que os sindicatos veñen de confirmar que prefiren bloquear a Xustiza que sentarse a negociar. Así, logo da súa negativa a entrevistarse co conselleiro Alfonso Rueda, o que amosan é que “prefiren seguir secuestrando a sociedade galega cun bloqueo da Administración de Xustiza, que penaliza a todos aqueles que precisen os servizos da mesma”, insistiu.