Santiago, 23 de novembro de 2017.- A portavoz de Turismo do Grupo Popular, Cristina Romero, afirmou esta tarde no Parlamento que o sector turístico, “polo de agora, non transmitiu incidencias salientables no referido a danos a establecementos nin inquedanzas específicas polo grao en que puidera ter incidido a vaga de incendios”.
Aprobado en Comisión o ditame da Lei que garante que aos consumidores vulnerables non se lles corte a luz e a Xunta lles abone o 50% da factura
Santiago, 23 de novembro de 2017.- A Comisión de Industria e Enerxía do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame do proxecto de Lei de medidas da eficiencia enerxética e garantía de accesibilidade á enerxía eléctrica, co que queda pendente do seu debate en Pleno para a aprobación definitiva e entrada en vigor en 2018.
A nova Lei de Portos, pendente da súa aprobación definitiva en pleno logo de superar o trámite de ponencia en Comisión
Santiago, 23 de novembro de 2017.- A Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego aprobou esta mañá o ditame do proxecto de Lei de portos de Galicia, unha norma “de vital importancia para o futuro do mar, da pesca, da náutica, das vilas mariñeiras e, en definitiva, para o futuro de Galicia e do seus 1.700 quilómetros de costa”, manifestou a deputada do Grupo Popular Teresa Egerique.
Tellado asegura que Caballero é cómplice da insumisión do alcalde de Bembrive, inhabilitado por prevaricación
Vigo, 23 de novembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reclamou esta mañá a Abel Caballero que dea a cara e aporte explicacións sobre a situación de conflitividade social xerada na parroquia viguesa de Bembrive, cun alcalde pedáneo inhabilitado cunha sentenza xudicial por prevaricación e de cuxa insumisión é cómplice o rexedor vigués.
O Parlamento insta á Xunta a intensificar a colaboración coas entidades locais que integran a rede galega en contra da violencia de xénero
Santiago, 22 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a intensificar a colaboración cas entidades locais que integran a rede de concellos en contra da violencia de xénero, de cara a conseguir unha maior efectividade dos recursos e procurar desenvolver conxuntamente accións no ámbito da sensibilización e a prevención; da información sobre os recursos e servizos existentes; da formación, tanto de profesionais como de persoal político; e da asistencia ás vítimas.
O Parlamento aproba instar ao Goberno central e á Xunta que impulsen medidas para celebrar o 40 aniversario da Constitución española
Santiago, 22 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, co apoio do PSdeG e co voto en contra de En Marea e BNG, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno do Estado que impulse as medidas necesarias para a celebración o 6 de decembro de 2018 do 40 aniversario da Constitución Española de 1978.
O PPdeG avoga porque as universidades introduzan a loita contra violencia de xénero enter as materias do máster universitario para o exercicio da docencia
Santiago, 21 de novembro de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, avogou hoxe no Parlamento porque as universidades galegas, “en exercicio da súa competencia e da súa vontade, estuden e decidan a ideoneidade de proceder á modificación dos planos de estudo do máster universitario que habilita para o exercicio da profesión docente co obxectivo de introducir unha materia específica en relación coa loita contra a violencia de xénero”.
Marián García sinala á oposición que «se equivocan de inimigo se entran na triste dinámica de valorar e comparar o compromiso contra a violencia machista»
Santiago, 21 de novembro de 2017.- A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García Míguez, asegurou hoxe no Parlamento que os grupos da oposición que “se equivocan de inimigo se entran na dinámica tan triste de valorar e comparar o compromiso contra a violencia machista de uns e doutros”. “Nós non dubidamos nin por un segundo da boa vontade de todos os grupos parlamentarios na loita contra a violencia de xénero”, manifestou.
O PPdeG critica a incongruencia do PSOE ao pedir que se prive ás catedrais de cobrar entrada para o seu mantemento e ao mesmo tempo que a Xunta actúe na súa recuperación
Santiago, 21 de novembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón Vilasánchez criticou hoxe a “incongruencia” do Grupo Socialista ao solicitar que a Xunta “prive aos cabidos das catedrais o establecemento dunha entrada que xere recursos para o financiamento destes inmobles” e ao mesmo tempo estea a pedir que a Xunta actúe na recuperación deste patrimonio privado”.
O PPdeG avoga por analizar todas as propostas dos Grupos e a Xunta para consensuar medidas para un monte rendible, multifuncional e sustentable
Santiago, 21 de novembro de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, avogou hoxe no Pleno do Parlamento porque “dentro do plan traballo da recentemente creada Comisión de estudo sobre a política forestal e a loita contra os incendios forestais se teñan en conta, ademais das medidas anunciadas pola Xunta de Galicia, todas as propostas de todos os grupos parlamentarios para consensuar unhas medidas que fagan o noso monte rendible, multifuncional e sustentable, contribuíndo deste xeito á dinamización do medio rural”.