O Parlamento insta á Xunta a que impulse a difusión da figura de Educardo Pondal con motivo do centenario do seu pasamento

Santiago, 16 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a que, con motivo do cumprimento do centenario do falecemento do escritor Eduardo Pondal, lle dea continuidade ás iniciativas de difusión e conmemoración da figura e da obra do intelectual, escritor e poeta pontecesán.

Seguir leyendo

Aprobada constitución, a proposta do PPdeG, dunha Comisión de estudo sobre a política forestal e de prevención e extinción de incendios forestais

Santiago, 14 de novembro de 2017.- A Mesa do Parlamento aprobou esta mañá, a proposta do Grupo Popular, a creación dunha Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia, avaliando a experiencia acumulada dende 2006 e, especificamente, a extraordinaria vaga de lumes que ven de sufrir Galicia en outubro de 2017.

Seguir leyendo

Puy avoga porque na Comisión sobre política forestal e incendios «sexamos capaces de facer un plan a longo prazo, asumido por todas as forzas políticas e coa implicación de todas as administracións»

Santiago, 13 de novembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe porque na Comisión parlamentaria de estudo sobre a política forestal e os incendios forestais, “que mañá proporemos na Xunta de Portavoces, sexamos capaces de facer un plan a longo prazo, asumido por todas as forzas políticas e coa implicación de todas as administracións”.

Seguir leyendo

O Parlamento insta á Xunta a regular os convenios e protocolos de colaboración intermunicipais en materia de policía local e do servizo de protección civil

Santiago, 10 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a establecer un marco que regule os convenios e protocolos de colaboración intermunicipais de axuda mutua en materia de policía local, así como favorecer as posibles asociacións de concellos para o desempeño mancomunado do servizo de protección civil.

Seguir leyendo