Moisés Blanco lamenta que o novo Secretario xeral do PSdeG-PSOE «viñera a O Barco a facer demagoxia e mentir sobre a reforma da Lei de Saúde»

Santiago,  4 de xaneiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular, Moisés Blanco Paradelo, lamentou hoxe que o novo secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, “viñera a O Barco a facer demagoxia e a mentir sobre a reforma da Lei de Saúde de Galicia que transformará a Valdeorras en distrito sanitario, e que permitirá blindar por lei a permanencia e actividade do Hospital Comarcal”.

Seguir leyendo

Tellado destaca que Ferrol e a comarca terán novos investimentos grazas aos Orzamentos da Xunta

Ferrol, 3 de Xaneiro de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ofreceu este mércores en Ferrol a súa primeira rolda de prensa do ano, na que celebrou que o Goberno galego comece o exercicio “cos deberes feitos e os Orzamentos aprobados en tempo e forma”. Neste sentido, Tellado lembrou que a cidade e a comarca contarán con 33 millóns de euros en novos investimentos grazas aos esforzos da Xunta de Galicia.

Seguir leyendo

Tellado: “A Galicia de 2017 resúmese en máis PIB e menos paro, pero a nosa obriga é seguir mellorando cara ao 2018”

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, quixo facer balance hoxe do ano que remata e destacou que 2017 deixa unha Galicia máis forte e preparada que a de hai 12 meses. O dirixente popular pasou revista a algúns dos fitos destes 365 días, e destacou dous: a desaparición definitiva da crise (aínda que non de todos os seus efectos) e a consolidación da autonomía como un dos territorios de referencia do Estado.

Seguir leyendo

Tellado: “O discurso de Feijóo anticipa unha Galicia valente e protagonista nos grandes debates estatais do novo ano”

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou hoxe o discurso do presidente da Xunta con motivo deste remate do ano 2017, e destacou que foi unha intervención valente e optimista. “Feijóo anticipou unha Galicia protagonista dos grandes debates estatais do novo ano”, apuntou, e puxo en valor que a voz dos galegos será escoitada á hora de afrontar asuntos como a reforma do modelo de financiamento, do texto constitucional ou do modelo territorial.

Seguir leyendo

Puy salienta que o 80 % dos asuntos que se debateron no último ano no Parlamento galego foron a iniciativa da oposición

Santiago, 29 de decembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, acompañado dos viceportavoces Miguel Tellado e Paula Prado, presentou esta mañá un balance da actividade parlamentaria neste primeiro ano de lexislatura, período no que se celebraron 394 reunións de órganos da Cámara galega. Puy destacou a aprobación de 11 textos lexislativos, así como que o 80 por cento das cuestións debatidas en Pleno foron a iniciativa da oposición .

 

Pedro Puy concretou que das 11 leis aprobadas neste primeiro ano da X Lexislatura, 8 eran proxectos de Lei remitidos polo Goberno galego, dos que 5 estaban relacionados con trámites orzamentarios (dous orzamentos, dúas leis de acompañamento e unha lei de impulso ao crecemento económico e reforzo do gasto social) e os outros tres foron o de protección e benestar dos animais de compañía, o de portos e o de espectáculos públicos e actividades recreativas.

 

Así mesmo, aprobáronse dúas proposicións non de lei dos grupos parlamentarios (a solicitude de transferencia da AP-9 a Galicia e a de fomento da implantación de iniciativas empresariais), así como unha iniciativa lexislativa popular (de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxético).

 

CERCA DE 1.000 PRESENZAS DO GOBERNO

 

No ámbito do control ao Goberno galego, o portavoz popular subliñou que,  “sumando plenos e comisións parlamentarias, os membros do Executivo teñen comparecido unha media de 2,5 veces cada día desta lexislatura”. En concreto, en sesión plenaria atenderon 372 solicitudes de comparecencia, preguntas ou interpelacións, ás que se suman outras 619 intervencións en comisións parlamentarias.

 

Respecto do impulso ao Goberno, Puy explicou que neste ano se aprobaron 11 mocións e 77 proposicións non de lei en Pleno, ademais doutras 195 proposicións non de lei en comisións parlamentarias.

 

Neste sentido, destacou que o 44 por cento destas proposicións non de lei aprobadas en Pleno foron a iniciativa da oposición, ao tempo que o 46 por cento saíron adiante co apoio unánime dos grupos parlamentarios.

 

No caso das comisións, a porcentaxe de proposicións non de lei da oposición aprobadas increméntase ata o 57 por cento, así a porcentaxe de aprobadas por unanimidade: 0 64 por cento.

 

No que respecta á presenza do Grupo Popular nas redes sociais, Pedro Puy salientou que “as nosas publicacións chegaron a un total de 148.000 persoas no último medio ano, cunha media de 4.900 impresións ao día, sendo vistas en 712.000 ocasións”. Ademais, incrementamos en 315 os novos seguidores das contas, superando os 2.600 en twitter e os 1.400 en Facebook. Por último, a valoración do Grupo Popular no índice KLOUT mantense en 56 puntos, considerándose como moi influínte.

Aprobado o plan de traballo da Comisión de Estudo da política forestal, con 65 comparecentes e 47 solicitudes de documentación

A Comisión de Estudo das reformas da política forestal e dos incendios forestais aprobou hoxe o seu Plan de Traballo, que incorpora a comparecencia de 65 persoas ou entidades, das que 41 formaban parte das propostas realizadas polos grupos da oposición; así como 47 solicitudes de documentación, das que 32 figuraban nas propostas de Plan de Traballo feitas pola oposición.

Seguir leyendo

Raquel Arias salienta que a radio de cobertura en escolas infantís incrementouse un 15,4% na provincia de Lugo dende 2009

Santiago, 21 de decembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Raquel Arias puxo hoxe no Parlamento que “Galicia é pioneira en España en políticas demográficas en xeral e de familia en particular”. En concreto, e referíndose á provincia de Lugo, salientou que a ratio de cobertura de prazas sostidas con fondos públicos de 0 a 3 anos e do 36,82 por cento, o que supón un 15,4 por cento máis con respecto ao ano 2009.

Seguir leyendo