Santiago, 2 de febreiro de 2018.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu esta mañá aos socialistas galegos que lle dean aos seus deputados autonómicos liberdade de voto para que poidan apoiar, se así o queren, a prisión permanente revisable para os delitos máis graves. Desta maneira, contribuiríase a abrir un debate no seo do PSOE para que por fin se poñan a carón desta medida que apoia a inmensa maioría da cidadanía, e que iguala o noso código penal có do resto de países europeos.
Paula Prado critica a actitude do comité de folga da Xustiza ao centrar as súas demandas nunha inasumible suba salarial e desprezando novas medidas de conciliación ou violencia de xénero
Santiago, 1 de febreiro de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe “a actitude que está a ter o comité de folga do persoal de Xustiza ao centrar unicamente as súas demandas nunha suba salarial do 12 ao 16 por cento, totalmente inasumible para a Xunta, e facendo caso omiso das novas propostas postas enriba da mesa de negociación, como a ampliación do permiso de paternidade e maternidade, ou as melloras en materia de violencia de xénero”.
O Parlamento demanda a Fomento que mellore o firme da N-540 nos tramos entre Guntín e Taboada e entre Taboada e A Barrela
Santiago, 1 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Fomento a mellora do estado do firme da N-540 na provincia de Lugo, concretamente nos tramos que o precisen entre Guntín e Taboada e entre Taboada e A Barrela. En concreto, a iniciativa recolle os tramos de Guntín a Ventas de Narón e a variante de Chantada.
Teresa Egerique critica que «Vigo segue podre e oxidado por debaixo» e pide ao Concello que mellore a rede de abastecemento de auga
Santiago, 1 de febreiro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique criticou hoxe que “Vigo segue podre e oxidado por debaixo”, polo que defendeu no Parlamento que o Concello acometa, no marco das súas competencias, as obras de mellora na rede de abastecemento de auga, así como as de ampliación e mellora da estación depuradora do Casal.
O Parlamento demanda á xunta consensuar coa FEGAMP o alcance do Plan Básico Autonómico e aprobalo coa maior celeridade posible
Santiago, 1 de febreiro de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a consensuar coa Fegamp o alcance do Plan Básico Autonómico e aprobalo coa maior celeridade posible de xeito que permita aos concellos que aínda non teñen planeamento urbanístico aprobado redactar o seu plan básico municipal.
O PPdeG apoia demandar ao Goberno central a equiparación das tarifas no transporte ferroviario en Galicia
Santiago, 1 de febreiro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se esixe ao Goberno central unha equiparación das políticas e modalidades tarifarias no transporte ferroviario en todo o territorio galego, así como unha ampliación das frecuencias horarias desde Ourense para mellorar a comunicación con Compostela e A Coruña.
O GPP reitera o compromiso da Xunta para colaborar co Concello de Corcubión na adaptación do seu plan especial á lexislación vixente
Santiago, 1 de febreiro de 2018.- O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia para colaborar co Concello de Corcubión adopte o seu plan especial á lexislación vixente.
Aurelio Núñez critica a incongruencia do BNG ao apoiar no Parlamento unha iniciativa sobre mellora da seguridade na praia de Razo que rexeitou no Concello de Carballo
Santiago, 1 de febreiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Aurelio Núñez criticou hoxe no Parlamento a incongruencia do BNG ao apoiar no Parlamento unha proposición non de lei a través da que se pide que a Demarcación de Costas do Estado adopte medidas urxentes de consolidación de noiros no viario Santa Mariña que bordea a praia de Razo, cando o grupo municipal nacionalista rexeitou no Concello de Carballo unha iniciativa idéntica nun Pleno celebrado no mes de xuño de 2016.
O Parlamento pide ao Consello de Contas que fiscalice os criterios de reparto dos recursos das deputacións entre os concellos
Santiago, 31 de xaneiro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero defendeu hoxe no Parlamento “o traballo feito polo Consello de Contas de Galicia, a súa imparcialidade e independencia”, fronte ás propostas dos grupos da oposición que pretenden determinar “que entidades, planes, programas, contratos ou fondos ten que fiscalizar” este organismo. De cara ao futuro, aprobouse que o Consello de Contas fiscalice os criterios de reparto dos recursos que as deputacións provinciais reparten entre os concellos a través dos plans provinciais.
Adrián Pardo: “Fronte aqueles que fan da Educación un foco de adoutrinamento, nós facemos un motor de progreso”
Santiago, 31 de xaneiro de 2018.- O presidente do Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, asegurou esta mañá que, “fronte aqueles que cando gobernan fan da Educación un foco de conflito ou de adoutrinamento, nós facemos un motor de progreso”.