O Parlamento de Galicia pide ao Goberno de Pedro Sánchez que aclare o contido e alcance das negociacións para a súa investidura

25 de outubro de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co voto en contra de BNG e PSdeG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que aclare o contido e alcance das negociacións que está a levar a cabo coas distintas forzas políticas para acadar a investidura de Pedro Sánchez e como estes pactos poden afectar ás diferentes Comunidades Autónomas, nomeadamente a Galicia. Así mesmo, esíxese ao Goberno central que en ningún caso estas negociacións deriven na asignación de menos recursos públicos ou competencias para Galicia que para outras comunidades autónomas.

Seguir leyendo

Alberto Pazos pide a BNG e PSdeG que apoien que Galicia non saia prexudicada dos pactos de Pedro Sánchez cos independentistas para que apoien a súa candidatura na sesión de investidura

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que “se de verdade BNG e PSdeG están preocupados por defender os intereses de Galicia e dos galegos non terán inconveniente en apoiar a nosa proposición non de lei que se debaterá no Pleno desta semana pedindo ao Goberno socialista de Pedro Sánchez que Galicia non saia prexudicada dos posibles pactos para que os independentistas lle dean o seu voto na sesión de investidura”.

Seguir leyendo

Alfonso Rueda ratifica cos veciños de Bande a importancia da estabilidade e das políticas pensadas por e para o rural que se ofrecen en Galicia

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, tivo esta tarde a oportunidade de ratificar da man dos veciños de Bande, e grazas a unha nova parada no itinerario do autobús de ‘Galicia non para!’, a importancia da estabilidade que ofrece o Goberno galego á cidadanía e o éxito das políticas pensadas por e para o rural das que gozan moitos dos veciños e veciñas da comarca da Baixa Limia.

Seguir leyendo