Miguel Tellado: “As fotos de deputados autonómicos con Otegui avergonzan á meirande parte dos galegos”

Santiago, 15 de setembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reprochoulle ao BNG e ás Mareas de Podemos que fosen a Cataluña “a facer turismo de independencia” asegurando que “as fotos de deputados autonómicos con Otegui avergonzan á meirande parte dos galegos”. “Mentiríamos se dixeramos que nos sorprende que ambos grupos se dediquen a facer turismo de independencia e a coller ideas dun proxecto que só busca romper a convivencia do noso país”, engadiu. 
Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda que a Xunta continúe apoiando a expansión dos produtos pesqueiros galegos nos mercados exteriores

Santiago, 15 de setembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe, a instancia do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta que continúe apoiando a expansión dos produtos pesqueiros galegos nos mercados exteriores, mantendo e fortalecendo as medidas de estruturación e competitividade do sector transformador de produtos do mar.

Seguir leyendo

O Parlamento galego solicita unha simplificación da normativa marítimo-pesqueira

Santiago, 15 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, solicitar tanto á Xunta como ao Goberno central unha simplificación da normativa que afecta ao eido marítimo-pesqueiro. Ademais, demándase a creación dos instrumentos axeitados que permitan a consulta sinxela e por temas específicos de toda a normativa europea, estatal e autonómica en materia pesqueira nun único espazo virtual no que estes textos permanezan constantemente actualizados.

Seguir leyendo

Raquel Arias: «Na loita contra a vespa velutina é fundamental a colaboración de todos, pero é básica a aportación dos experto ”

Santiago, 15 de setembro de 2017.- A deputada popular Raquel Arias salientou hoxe na Comisión de Agricultura do Parlamento que, na loita contra a praga da vespa velutina, a Xunta sempre ten presente a opinión dos investigadores, máxime tras constatarse que esta especie invasora cambia o seu ciclo biolóxico en función das variacións climáticas.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda á Xunta que elabore, en colaboración con outras institucións, unha programación cultural para difundir o pergamiño Vindel

Santiago, 14 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta de Galicia a promover, en colaboración con distintas institucións e entidades culturais, unha programación ampla e diversa de iniciativas que poña de relevo a excepcional importancia do pergamiño Vindel para as culturas galega e universal, e que faga partícipe da presenza desta obra en Vigo ao conxunto da cidadanía.
Seguir leyendo

O PPdeG defende o ingreso do Pazo de Meirás ao patrimonio público, respectando a legalidade vixente

Santiago, 13 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, defendeu hoxe no Parlamento o ingreso do Pazo de Meirás no patrimonio público, respectando a legalidade vixente. Para acadar este obxectivo, Puy avogou porque a Xunta realice un estudo xurídico, en colaboración coas universidades galegas, que analice a posibilidade e os mecanismos legais para acadar este obxectivo, sen que esta incorporación ao patrimonio público implique un novo custo para o pobo de Galicia, que xa o asumiu no ano 1938.

Seguir leyendo

O Parlamento solicita ao Ministerio de Xustiza a creación de todos os xulgados e prazas de maxistrados que se consensúen entre Xunta e TSXG para 2018

Santiago, 13 de setembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou esta mañá por unanimidade, a instancia do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Ministerio de Xustiza, como proposta de mínimos, a creación de todos os xulgados e prazas de maxistrados e maxistradas que se consensúen entre a Xunta de Galicia e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para 2018.
Seguir leyendo