O Grupo Popular afirma que a Xunta estudará a instalación do Ateneo de Ourense nas instalacións da Biblioteca Pública

Santiago, 24 de marzo de 2017.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado afirmou esta mañá que a Consellería de Cultura estudará a posibilidade de que o Ateneo de Ourense e outras entidades e asociación culturais da cidade se instalen nas actuais instalacións da Biblioteca Pública de Ourense, unha vez se leve a cabo o seu traslado ás dependencias do complexo de San Francisco.

Neste sentido, o Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a dotar ao Ateneo de Ourense, antes de que remate o ano 2017, dun espazo de titularidade pública axeitado e coas condicións requiridas para que esta entidade continúe coa súa actividade sen ánimo de lucro.

XESTIÓNS DA XUNTA

Carlos Gómez asegurou que o PPdeG “é un firme defensor da pervivencia do Ateneo de Ourense”, e lembrou a aprobación por unanimidade o pasado 9 de marzo doutra proposición non de lei a través da que se pedía unha consulta ao Ministerio de Hacienda para coñecer os locais baleiros de titularidade pública e se abrira un proceso de negociación encamiñado a dotar dun local ao Ateneo de Ourense”.

 

“A Xunta cumpriu con esta encomenda do Parlamento dentro do ámbito das súas competencias e non só fixo a mediación ante a Administración do Estado para que o Ateneo puidese optar a conseguir a cesión dun local, senón que mantivo un encontro cos representantes da entidade sobre as súas necesidades de espazo e trasladou as súas demandas á Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria en Ourense”, engadiu.

Para rematar, o deputado popular lembrou que “onte mesmo o Presidente da Deputación de Ourense, logo de reunirse coa Plataforma do Ateneo, anunciou o seu apoio e compromiso inequívoco para mediar e facilitar dun xeito ou doutro unha sede axeitada ás necesidades e actividades da entidade, ofrecendo incluso dependencias no Centro Cultural Marcos Valcárcel”.

O Parlamento solicita ao Concello de A Coruña a cesión de espazos no mercado de Santa Lucía para a construción do centro de saúde

Santiago, 23 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou  hoxe unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Concello de A Coruña a cesión dos espazos no mercado de Santa Lucía para a construción do novo centro de saúde, de xeito que se axusten ós requirimentos necesarios para unha asistencia sanitaria óptima para os veciños e veciñas que acoden o Centro de Saúde Federico Tapia.

Seguir leyendo

O Parlamento aproba solicitar á UE que simplifique as esixencias de botiquíns na flota de baixura

Santiago, 23 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se solicita á Unión Europea que se simplifiquen as esixencias respecto dos botiquíns á flota de baixura, de xeito que se adecúen ás circunstancias de proximidade, inmediata asistencia médica e limitación de espazo a bordo das embarcacións.

Seguir leyendo