Alberto Pazos:»seguiremos velando polos dereitos dos consumidores,avaliando polo miúdo o comportamento das eléctricas» durante os temporais

Santiago, 3 de marzo de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos asegurou hoxe que tanto o Goberno galego como o PP “seguiremos velando polos dereitos dos consumidores, avaliando polo miúdo o comportamento das empresas eléctricas” durante os temporais que azoutaron Galicia hai uns días. Ademais, criticou que a oposición desexe que “a Xunta asuma en solitario os danos producidos polos temporais”, sen ter en conta que “a administración competente para asistir técnica e economicamente aos concellos son as deputacións e que existen numerosos danos que deben cubrir as empresas eléctricas ou os propios seguros”.

Seguir leyendo

O PPdeG cualifica de «regularización inédita no sistema tributario español a resposta á problemática dos pensionistas retornados

Santiago, 3 de marzo de 2017.- O deputado do Grupo Popular José González Vázquez asegurou hoxe que a resposta dada polo Goberno central á problemática das pensións de emigrantes retornados en España “foi unha regularización inédita no sistema tributario español”, que conlevou a condonación de sancións, recargos e intereses de demora. Así mesmo, acusou á oposición de pretender dar un trato diferente a pensionistas españois respecto dos emigrantes retornados, xa que os primeiros tributan no imposto da renda das persoas físicas sen ningún tipo de réxime específico.

Seguir leyendo

O Goberno central «cumpriu con axilidade» ante a problemática sober a devolución das cláusulas chan

Santiago, 3 de marzo de 2017.- O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, asegurou hoxe que o Goberno central “cumpriu con axilidade” dando unha resposta rápida ás sentenzas sobre a devolución das cláusulas chan por parte das entidades financeiras, aprobando un Real Decreto-Lei a través do que no prazo máximo de tres meses as entidades deben responder ás reclamacións dos afectados.

Seguir leyendo

O Parlamento solicita á Xunta a creación dunha comisión técnica de seguimento da couza da pataca

Santiago, 2 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde por unanimidade, logo dunha transacción acordada entre todos os grupos parlamentarios, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia á creación dunha Comisión Técnica de seguimento da couza da pataca, coa presenza de representantes da Administración galega, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o Laboratorio Fitopatolóxico de Galicia e a indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia. Esta comisión avaliará as medidas de control da praga, as accións informativas que se leven a cabo, así como da evolución do Decreto que prepara o Goberno central.

Seguir leyendo

O GPP salienta a aposta pola formación dos gandeiros da Xunta, que este ano se ampliará coa posta en marcha da teleformación

Santiago, 2 de marzo de 2017.- O deputado do Grupo Popular, Daniel Vega, salientou hoxe a formación que a Xunta de Galicia ofrece para os gandeiros, subliñando que “este mesmo ano porase en marcha a teleformación na aula de formación online da Consellería do Medio Rural, na que se ofertará formación cunha estrutura modular para as distintas orientacións produtivas, así como de coñecementos xenéricos do sector”.

Seguir leyendo

Tellado: “As políticas de emprego da Xunta con colectivos sensibles están a dar grandes resultados”

Santiago, 2 de marzo de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou esta mañá os datos de paro de febreiro coñecidos este xoves salientando as caídas nas cifras de desemprego nos colectivos especialmente sensibles, como os parados de longa duración, os mozos e as mulleres. “Son grupos nos que o Goberno galego está a centrar moitos esforzos con políticas activas de emprego pensadas especialmente para eles, e en meses coma este vemos que están a dar un gran resultado”, aseverou.

Seguir leyendo

O GPP defenderá no pleno a continuidade da construción da autovía da Costa da Morte e a elaboración dun informe bianual sobre o sector pesqueiro

Santiago, 28 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana a continuidade na construción da autovía da Costa da Morte e a elaboración dun informe bianual coas inquedanzas, os problemas e os obxectivos do sector pesqueiro galego. Na mesma sesión  plenaria tamén se debarerá a proposición de lei, asinada por todos os grupos parlamentarios, para presentar perante o Congreso dos Deputados solicitando a transferencia da titularidade e as competencias da AP-9 á Comunidade galega.

Seguir leyendo