O GPP lamenta que BNG e PSOE poñan en risco 10 millóns de euros de Ence para a rehabilitación do Pazo de Lourizán

Santiago, 15 de febreiro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira lamentou esta mañá no Parlamento que “a irresponsabilidade política de BNG e PSOE poñan en risco un investimento de 10 millóns de euros para rehabilitar o degradado Pazo de Lourizán e crear neste inmoble un centro de I+D”. Moreira criticou o “cambio de postura” do BNG respecto deste proxecto, “ao anunciar primeiro que non ían poñer impedimentos ao que propuxera facer a Xunta no Pazo de Lourizán e poucos días despois opoñerse á rehabilitación deste inmoble”

Seguir leyendo

O GPP defenderá no pleno que a Xunta elabore un informe sobre os impactos do Brexit na economía galega

Santiago, 14 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Xunta elabore, coa participación do Consello de Acción Exterior, un informe sobre os posibles impactos do Brexit na economía galega e nos seus sectores produtivos. Así mesmo, demandarase ao Goberno galego a consolidación das casas-niño para que todos os concellos de Galicia teñan recursos de conciliación no ano 2020.

Seguir leyendo

O Parlamento solicita a creación dunha lista de referencia coas embarcacións interesadas en participar nas pesquerías no caladoiro do Cantábrico e Noroeste

Santiago, 14 de febreiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe dirixirse ao Goberno central para que impulse a creación dunha lista de referencia, de xeito similar á que xa existe para a flota do bonito, na que as embarcacións amosen con carácter previo o seu interese en participar nas distintas pesqueirías dentro do plan de xestión do Caladoiro Nacional Cantábrico e Noroeste.

Seguir leyendo

O Parlamento insta á Xunta a analizar,xunto co Consello Galego de Pesca, a posibilidade de incrementar as posibilidades de pesca

Santiago, 14 de febreiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, instar á Xunta de Galicia a impulsar, en común co Consello Galego de Pesca, unha análise particularizada da situación dos caladoiros, das novas esixencias en materia de descartes pesqueiros ou da oportunidade que se abre para reformar a ríxida normativa europea como consecuencia do Brexit, para verificar a posibilidade de incrementar as posibilidades de pesca á luz dos aumentos da biomasa das especies pesqueiras.

Seguir leyendo

Puy demanda «tranquilidade» ao BNG porque a Comisión investación das caixas «vaise constituír, vai chegar a conclusións e van ter oportunidade de dicir o que pensan»

Santiago, 13 de febreiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, demandou “tranquilidade” ao BNG respecto da Comisión de investigación sobre as caixas galegas porque “vaise constituír, vai chegar a conclusións e van ter a oportunidade de dicir o que pensan sobre este tema, cousa que xa o están a facer antes de que se redacten as conclusións”.

Seguir leyendo

O GPP designa os seus portavoces de área logo de renovar o 56% dos deputados respecto da pasada lexislatura

Santiago, 13 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular designou esta mañá aos deputados e deputadas responsables de cada portavocía, unha vez tivo lugar a configuración definitiva deste grupo parlamentario, que presenta unha renovación do 56 por cento respecto do final da pasada lexislatura. Así mesmo, o portavoz Pedro Puy manifestou a satisfacción da delegación galega que asistiu ao Congreso Nacional do Partido Popular, tanto polos resultados conseguidos a nivel orgánico, co incremento de galegos nos órganos de dirección do partido, como coa aprobación de ideas e textos políticos que marcarán a actuación do PP no futuro.

Seguir leyendo

Feijóo: “Estamos nun momento inmellorable para consagrar un sistema de financiamento autonómico xusto e equitativo”

Madrid, 11 de febreiro de 2017.-  O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou esta mañá que todos os españois deben ter garantidos uns servizos públicos de calidade, vivan onde vivan. Para que isto se faga efectivo, “estamos nun momento inmellorable para corrixir o que se fixo mal e consagrar un sistema de repartición xusta e equitativa” na negociación sobre o financiamento autonómico.

Seguir leyendo

O PPdeG acode a Madrid a “contribuír á renovación do ideario do partido para seguir ao servizo dos cidadáns”

Madrid, 10 de febreiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, chegou este venres a Madrid para participar no XVIII Congreso Nacional do Partido Popular e destacou que os populares galegos acoden a esta cita con vontade de “contribuír á renovación do ideario do partido para seguir sendo útiles aos cidadáns, cuns postulados actualizados que sirvan para afrontar os desafíos comúns que temos por diante nos próximos anos”. 

Seguir leyendo

O GPP afirma que o servizo de orientación do colexio de Escarabote está axustado ao que establece a normativa

Santiago, 9 de febreiro de 2017.- O portavoz de Educación do  Grupo Popular, César Fernández, afirmou esta tarde no Parlamento que o servizo de orientación que se presta no colexio de Escarabote no Concello de Boiro está axustado conforme ao que establece a normativa en función da situación actual do centro de ensino. “No caso de que nun futuro houbese un incremento de matrícula, será a propia inspección educativa a que demande máis persoal para este servizo”, sinalou.

Seguir leyendo