Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe “coherencia” aos grupos da oposición para manter a unidade presente na proposición de lei asinada por todos os deputados galegos reclamando a transferencia da AP-9.
O PPdeG defende o desenvolvemento a nivel nacional do Plan estratéxico contra a hepatite C coordinado coas autonomías
Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, defendeu hoxe o desenvolvemento do plan estratéxico contra a hepatite C a nivel nacional, “de xeito absolutamente coordinado e non que cada autonomía faga o que lle pareza axeitado”. Neste sentido, cifrou en 4.700 as persoas tratadas en Galicia, “todos os enfermos que o precisaban, dentro da priorización prevista no plan estatal en relación co grao de fibrose e outros factores de interese”.
Puy avoga por aproveitar a Comisión das caixas para incorporar novos datos, documentación e valoracións
Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou esta tarde no Pleno do Parlamento porque se aproveite a constitución da Comisión de Investigación sobre as caixas de aforro galegas “para incorporar no plan de traballo novos datos, documentación e valoracións, deixando fóra os infundios, as insinuacións ou as sombras de sospeita”. “Galicia merece unha explicación sobre o proceso da conversión das caixas nun banco, non unha nova controversia baseada en infundios”, indicou.
O PPdeG asegura que o Hospital de Ourense e as súas urxencias están dotados con persoal axeitado, que mellorarán co novo edificio de hospitalización
Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou esta tarde no Pleno do Parlamento que “o Hospital de Ourense e o seu servizo de urxencias está dotado dun cadro de persoal axeitado, que foi mellorado nestes últimos anos e que vai mellorar máis coa apertura do novo edificio de hospitalización”.
Pedro Puy destaca o marcado carácter de control ao Goberno do pleno desta semana
Santiago, 23 de xaneiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, destacou hoxe o carácter marcadamente de control do Goberno galego do Pleno que se celebra esta semana. En concreto, dixo que 19 dos 29 puntos da orde do día son para o control aos membros do Consello da Xunta, destacando as comparecencias do Presidente e do Vicepresidente da Xunta.
Puy avoga porque a Comisión sobre as caixas permita coñecer as responsabilidades da súa transformación en bancos
Santiago, 23 de xaneiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou porque a Comisión de investigación sobre as caixas de aforro galegas, que esta mañá se constituíu no Parlamento galego, elabore un ditame “que permita á sociedade galega ver como foi o proceso de transformación das caixas en bancos, cales foron os chanzos que motivaron esa evolución e extraer as responsabilidades políticas para saber como se adoptaron as decisións e quen foi o competente”.
O PPdeG quere construír “desde xa” unha alternativa ao populismo que goberna a maioría das cidades galegas
Santiago, 20 de xaneiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, mantivo este venres unha reunión cos diferentes responsables municipais do partido nas cidades galegas de cara a comezar a construír “desde xa” un proxecto gañador e de goberno para as próximas eleccións municipais. Así, lamentou que a meirande parte delas sexan “vítimas” de gobernos que van camiño de levalas a todo un mandato perdido.
O Parlamento solicita á Xunta completar os instrumentos normativos de reestruturación e mobilización da terra agraria produtiva
Santiago, 19 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a impulsar decididamente e completar os instrumentos normativos de reestruturación e mobilización de terra agraria produtiva, como mecanismo para corrixir a falta de base territorial das explotacións agro-gandeiras da Comunidade galega.
O Parlamento pide á Xunta que colabore para poñer semente certificada a disposición dos produtores de faba de Lourenzá
Santiago, 19 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, coa única abstención de En Marea, a través da que se insta á Xunta a impulsar as medidas necesarias que permitan poñer a disposición dos produtores de faba de Lourenzá sementes certificadas, con fin de garantir a procedencia e a calidade desta faba.
O Grupo Popular demanda á oposición que se sumen á defensa do produto galego e ecolóxico
Santiago, 19 de xaneiro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega demandou hoxe aos grupos da oposición que “se sumen ao Partido Popular e defendan o produto galego e ecolóxico”. Neste sentido, subliñou que a Xunta “xa está a incorporar criterios de fomento dos alimentos de proximidade, de produción familiar e ecolóxica nas compras públicas alimentarias nos centros dependentes da administración autonómica”.