O Parlamento de Galicia pide ao Goberno de España a remisión á Xunta da documentación no seu poder froito das desamortizacións do XIX

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España a remisión á Xunta, no prazo dun ano, das reproducións de toda a documentación eclesiástica, pía e asistencial galega que obra no poder do Estado froito das desamortizacións do século XIX, co obxectivo de poñelas a disposición dos investigadores galegos nas institucións correspondentes.

Seguir leyendo

O Parlamento de Galicia pide dotar aos centros educativos de ferramentas contra o acoso nas aulas ou a través de medios tecnolóxicos

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do BNG, a través da que se pide á Xunta que dote aos centros educativos de Galicia de mecanismos e ferramentas que axuden á prevención, denuncia e tratamento de calquera situación contraria á convivencia, con especial atención ao acoso nas aulas ou a través de medios tecnolóxicos.

Seguir leyendo

Os deputados do PPdeG levan ao Congreso as “deficiencias e atrasos” dos servizos ferroviarios de media distancia en Galicia e os incumprimentos coa chegada da Alta Velocidade a todas as cidades galegas

Os deputados do PPdeG no Congreso veñen de presentar sendas preguntas na Cámara Baixa para que o Goberno central aclare cales son as medidas “urxentes e efectivas” que ten previsto adoptar para solucionar as “recorrentes deficiencias e atrasos” na prestación do servizo ferroviario de media distancia en Galicia e para que confirme se cumprirá o prazo de entrega dos trens Avril en novembro de 2023 para así garantir a chegada da Alta Velocidade ás cidades galegas.

Seguir leyendo

O Parlamento galego pide que o itinerario noroeste do Corredor Atlántico se inclúa no órgano xestor da rede ferroviaria europea de mercadorías

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei transaccionada entre o Grupo Popular e o BNG a través da que se solicita ao Goberno de España e ás autoridades europeas que adopten as medidas oportunas diante das autoridades europeas co obxecto de que o itinerario noroeste do Corredor Atlántico, no que figura expresamente Galicia, non sexa excluído do mapa deseñado para a posta en marcha do órgano xestor da futura rede ferroviaria europea de mercadorías.

Seguir leyendo

O Grupo Popular propón a BNG e PSdeG a creación dunha Comisión de estudo sobre a posible modificación do himno de Galicia

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, ofreceu hoxe a BNG e PSdeG a creación no Parlamento de Galicia dunha Comisión non permanente especial de Estudo sobre a posible modificación do himno de Galicia. “A pesar de que polo número de deputados poderíamos constituíla nós de xeito individualmente, consideramos que unha cuestión desta importancia para todos os galegos debe partir da unanimidade de todos os grupos que forman parte deste Parlamento”, manifestou.

Seguir leyendo

O Grupo Popular critica a “manipulación e a mentira feita sigla” de BNG e PSdeG cando falan de orzamentos en materia sanitaria

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou hoxe no Parlamento de Galicia a “manipulación e a mentira feita sigla” de BNG e PSdeG cando falan de orzamentos en materia sanitaria. Neste sentido, cuestiounou “como é posible que acusen de recortar en persoal a quen dedica 134 millóns de euros máis cada ano a contratar persoal? Ou como é posible que acusen de conivencia coa industria farmacéutica a quen reduciu en 54 millóns de euros ao ano o gasto farmacéutico”.

Seguir leyendo