O GPP salienta a creación de 198 novas prazas do Imelga para mellorar e garantir a protección das vítimas, en especial as de violencia contra a muller

Santiago, 19 de maio de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos salientou hoxe no Parlamento a creación de 18 novas prazas de psicólogo, traballador social e médicos forenses no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) co obxectivo de mellorar e garantir a protección das vítimas, especialmente as vítimas de violencia contra a muller.

Seguir leyendo

María Antón Vilasanchez: A Consellería de Cultura remitirá en breve ao Concello de Lugo a proposta para a exposición pública do túnel aparecidio no cubo VI da Muralla Romana

Santiago, 18 de maio de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón manifestou hoxe no Parlamento que a Consellería de Cultura remitirá en breve ao Concello de Lugo a proposta de convenio para a exposición pública dos restos do túnel que apareceu na escavación do cubo VI da Muralla Romana de Lugo. “Agardamos que o Concello non tarde outros cinco meses, como fixo no caso de dar a súa conformidade á solicitude da Consellería para musealizar estes restos arqueolóxicos, tempo no que a mesma Consellería foi quen de licitar dúas intervencións máis para a restauración dos cubos 19, 70, 71 e 80, por un importe superior aos 700.000 euros, o que amosa o compromiso da Xunta coa posta en valor deste patrimonio mundial”, indicou.

Seguir leyendo

O Grupo Popular avoga por concienciar e formar á sociedade na mellora da convivencia nas aulas para evitar situacións de acoso

Santiago, 18 de maio de 2017.- O portavoz de Educación do  Grupo Popular, César Fernández Gil, avogou hoxe no Parlamento por “concienciar e formar ao conxunto da sociedade na mellora da convivencia nas aulas para evitar situacións de acoso dentro e fóra das mesmas”. Para isto, puxo en valor a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 posta en marcha pola Xunta de Galicia, que recolle os pasos a dar ante unha posible situación de acoso ou ciberacoso, así como as diferentes estratexias de prevención.

Seguir leyendo

O Parlamento de Galicia aproba demandar a Fomento unha rehabilitación estrutural do firme da N-120,especialmente no tramo de Valdeorras a Monforte

Santiago, 16 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se demanda ao Ministerio de Fomento que impulse unha rehabilitación estrutural do firme da estrada Nacional-120, especialmente no tramo que transcorre desde Valdeorras ata Monforte de Lemos. Así mesmo, o deputado popular Moisés Blanco asegurou que “nin o PP, nin Valdeorras, nin a terra de Lemos, nin O Bierzo imos permitir que grupos políticos como En Marea paralicen a construción da autovía A-76”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular solicita que se garanta o pago das prestacións aos pensionistas retornados de Venezuela

Santiago, 15 de maio de 2017.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que solicita ao Goberno central que promova as accións legais que sexan oportunas para que o Goberno de Venezuela cumpra o convenio bilateral de Seguridade Social entre España e Venezuela, de xeito que garanta o pago do importe íntegro das cantidades adebedadas e a continuidade das prestacións dos pensionistas retornados. Así mesmo, mentres non se resolvan estes problemas, demándase ao Goberno español que facilite que estes pensionistas poidan recibir axudas sociais.

Seguir leyendo

O PPdeG pon hoxe a primeira pedra para mellorar as capacidades comunicativas do partido co seu I Torneo de Debate

Santiago, 13 de maio 2017.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que o PPdeG pon hoxe a primeira pedra para mellorar as capacidades comunicativas do partido coa celebración do seu I Torneo de Debate.
Segundo sinalou, “a mellora da oratoria e as nosas capacidades de comunicación foi unha materia pendente durante moitos anos. E sempre que atopamos algo a mellorar, poñémonos como deberes melloralo”. Nese senso, engadiu que a intención é que este tipo de eventos se convertan nun ámbito de traballo con máis percorrido no tempo.

Seguir leyendo

Tellado destaca con Pablo Casado a unidade de mensaxe do PPdeG en calquera punto do país fronte ás desavenencias de En Marea

A Coruña, 12 de maio 2017.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, salientou esta mañá a unidade de mensaxe do PPdeG en calquera punto do país fronte ás desavenencias de En Marea. Así, indicou que “unha das nosas grandes fortalezas é que somos un partido que, respectando as características de cada lugar, podemos facer o mesmo discurso tanto a nivel local, como autonómico e nacional”.
Seguir leyendo