Ribeira, 17 de agosto de 2016.- A deputada autonómica Herminia Pouso asegurou esta mañá que o compromiso do goberno da Xunta coa comarca do Barbanza durante o último mandato é «claro, medible e cuantificable», un esforzo que, na súa opinión, permitiu «transformar» a comarca a nivel económico e social.
Os populares constatan que A Mariña lucense «sae ganando con Feijóo no Goberno»
Ribadeo, 17 de agosto de 2016.- Os deputados do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, acompañados da presidenta provincial dos populares lucenses Elena Candia fixeron esta mañá, en rolda de prensa, balance do que foi a actividade parlamentaria durante a lexislatura autonómica que vén de rematar e valoraron a actuación do Executivo autonómico en relación coa comarca da Mariña lucense.
Desde o PP constatan que a nosa comarca “sae ganando con Feijóo no Goberno” e como proba disto deron un repaso polos distintos ámbitos salientando as melloras impulsadas nunha Lexislatura que cualificaron como “moi proveitosa para A Mariña”. Con todo, fuxindo do triunfalismo, indicaron que desde o PP seguirán traballando desde unha postura “esixente” a fin de impulsar, aproveitando o novo momento económico, os compromisos pendentes “e facelo en beneficio dos nosos veciños”
“Ninguén pode negar que atopámonos nunha Galicia mellor que hai catro anos e que, ademais, está mellor para máis xente”, e iso a pesar de tocou xestionar un momento económico “extremadamente complicado” en todo o país. “Sen lugar a dúbidas ter un goberno estable, cun presidente con experiencia de xestión, que coñece a realidade e se compromete e esforza en mellorala, axuda moito. Axuda a Galicia en xeral, pero tamén a esta comarca en particular”
A MARIÑA PRESENTE NO PARLAMENTO GALEGO
Os deputados destacaron lembraron tamén que os asuntos principais que afectan á comarca estiveron presentes no Parlamento e na política e acción da Xunta de Galicia”: a mellora da sanidade pública, o impulso das infraestruturas, a necesaria recuperación do emprego, o blindaxe dos servizos sociais, “inspiraron todo o traballo desenvolvido neste período”.
“O que nos diferenza dos nosos rivais é que mentres eles só teñen palabras, e unha palabra bastante feble, ata o punto de prometer agora todo aquelo que non fixeron durante o bipartito, nós no PP temos feitos. E feitos que acreditan que fixemos da Mariña a nosa prioridade”
Así por exemplo salientaron que A Mariña sumou nos últimos catro anos novos servizos sanitarios e puxo en marcha os principais proxectos estratéxicos no ámbito social e das infraestruturas.
PRIORIDADE: A MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA
Por exemplo, nesta lexislatura a Xunta impulsou a ampliación do Hospital da Costa, cuxos traballos previos xa se iniciaron e se completarán acometendo o groso das obras no mes próximo. Neste mesmo ámbito e con especial satisfacción lembran a posta en marcha de novos servizos, fronte ao enganosa idea da oposición que falaba do desmantelamento do Hospital, coa creación da sala de oncoloxía (para tratamentos de quimioterapia) ou o novo servizo de hospitalización a domicilio, entre outras melloras en infraestruturas e dotacións.
Desde o PP tamén destacaron que esta foi a lexislatura do avance nas infraestruturas de maior necesidade estratéxica: o acceso ao porto de Burela, practicamente finalizado tras investir máis de 7 millóns de euros, e a reactivación do primeiro treito lucense do corredor, o tramo de competencia autonómica Celeiro-San Ciprián, no que se están a investir 54 millóns de euros.
Así mesmo, os deputados non quixeron restarlle mérito tamén a outros destacados investimentos levados a cabo na comarca como os que permitiron a posta en marcha do gasoduto, e a extensión da rede de gas natural en Viveiro, Xove, Cervo e Ribadeo, os investimentos dirixidos á facilitar o asentamento de novas empresas con descontos importantes no acceso ao solo industrial, a posta en marcha do plan de impostos cero no rural, o reforzo dos servizos sociais, concertando máis prazas públicas, ampliando o servizo de axuda no fogar para persoas dependentes ou construíndo e equipando as residencias de Foz e Cervo e repasaron tamén o plan de incentivos do programa de fomento da natalidade.
A recuperación do emprego, tivo tamén un apartado destacado, pois desde o PP lembraron que os últimos datos oficiais acreditan que o paro está a niveis de fai dez anos, con reducións do desemprego que superan a media autonómica, provincial e estatal na maior parte dos meses. Para reforzar esta tendencia lembraron os investimentos en obradoiros, cursos de formación e os incentivos e as axudas outorgadas a empresas, comerciantes e emprendedores.
COMPROMISO SANITARIO NUN GOBERNO ESTABLE
“Para non poñer en risco a incipiente recuperación, e que esta poida chegar a todos os fogares da comarca” desde o PP defenderon que Feijóo liderou e segue a ofrecer “un Goberno estable que, lonxe de liortas como acontece na oposición, se dedicou a traballar, o que permitiu nun momento de crise apostar polo sistema sanitario, polo compromiso asistencial, e de protección social e laboral e seguirá facéndoo no futuro, e agora, con máis recursos e nova intensidade”
Trenor:»Galicia está mellor que hai catro anos, e mellor para máis xente»
A Coruña, 16 de agosto de 2016.- O deputado autonómico Gonzalo Trenor defendeu esta mañá que outra maioría de Alberto Núñez Feijóo é a “única alternativa para impedir que o desgoberno que impera na cidade da Coruña se traslade ao resto de Galicia”.
Costa da Morte sumou nos últimos catro anos mellores servizos e infraestructuras
Carballo, 16 de agosto de 2016.- Os deputados autonómicos, Aurelio Núñez e Ambrosio Oróns, defenderon esta mañá que a Costa da Morte é hoxe unha comarca con “mellores servizos e infraestruturas” que hai catro anos grazas ao “firme compromiso” do goberno de Alberto Núñez Feijóo.
Unha Lexislatura altamente positiva para Valdeorras do goberno de Feijóo
O Barco de Valdeorras, 13 de xullo de 2016.- Os deputados do Grupo Popular Moisés Blanco e Miguel Santalices fixeron hoxe balance da actuación do goberno de Feijóo na área de Valdeorras destacando que a “lexislatura foi altamente positiva para Valdeorras onde os asuntos principais que afectan aos nosos veciños e veciñas estiveron presentes no Parlamento e na política da Xunta de Galicia”.
«Lugo é hoxe unha comarca mellor para vivir grazas ao compromiso do goberno Feijoo»
Lugo, 16 de agosto de 2016.- Os deputados populares da comarca de Lugo salientan que “se Lugo é hoxe unha comarca aínda mellor para vivir é, sen dúbida, grazas ao compromiso político de Núñez Feijoo e o seu goberno”.
Tellado: cun concelleiro liderando a lista, Lores “vincúlase” aos resultados do BNG
Pontevedra, 11 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, fixo hoxe balance da actuación do goberno de Feijóo na área de Pontevedra nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos deputados Jacobo Moreira e Jesús Goldar.
Tellado: “Santiago proba que a oposición non pode articular unha maioría alternativa»
“Se ten medo a perder co censo de Podemos, mellor que non se atreva co censo de Galicia”, sinala sobre o candidato da Marea
Tellado: “Santiago é a proba de que a oposición é incapaz de articular unha maioría alternativa”
Feijóo defende un proxecto como punto de encontro dos galegos fronte aos líos
Chantada, 10 de agosto de 2016.- . O presidente o PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo defender un proxecto como punto de encontro entre todos os galegos xa que, como recoñeceu, “os líos dos demais” non foron os da nosa comunidade nin teñen por qué ser os de Galicia.
Tellado: “Quen non arranxa os seus propios problemas non vai arranxar os de Galicia”
Ribadavia, 10 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, cuestionou hoxe a capacidade das forzas da oposición para conformar unha alternativa de goberno toda vez que “non se entenden entre eles e nin sequera se entenden dentro deles”.