Madrid, 5 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que, nas próximas eleccións autonómicas, “o reto en Galicia non é que gañe determinado partido ou certo candidato, senón que prevaleza un modelo de goberno fronte a un modelo que aspira a non deixar gobernar”, sentenciou, engadindo que se trata dun factor diferencial crucial con respecto a outras citas electorais.
Feijóo presenta un programa para unir e sumar pola Galicia que queremos
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou esta mañá o programa electoral dos populares para os vindeiros catro anos xunto ao voceiro do grupo parlamentario Pedro Puy, encargado de coordinar o mesmo.
Feijóo: “Somos, por riba de calquera outra cousa, militantes dos nosos veciños, do noso pobo. Militantes de Galicia”
Maceda, 3 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que os populares galegos “somos, por riba de calquera outra cousa, militantes dos nosos veciños, do noso pobo. Militantes de Galicia”, engadindo que “ao próximo 25 de setembro eu acudo así: como un galego orgulloso do seu pobo que se pon ao seu dispor”.
Feijóo chama aos mozos a derrotar o pensamento único “para traerlle novas certezas á Galicia do futuro”
Lugo, 2 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou esta mañá que confía na xente nova “para derrotar o pensamento único” e “para traerlle novas certezas á Galicia do futuro”.
Tellado asegura que en Galicia si é posible manter a estabilidade para que continúen os avances
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, e a vicesecretaria de acción electoral, Luisa Piñeiro, ofreceron hoxe unha rolda de prensa para presentar as liñas xerais da campaña das vindeiras eleccións autonómicas.
Feijóo asegura que o PPdeG seguirá traballando como ata agora para apoiar aos autónomos e emprendedores
San Cibrao das Viñas, 31 de agosto de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o emprendemento seguirá sendo unha das claves da estratexia dos populares. Por este motivo, indicou que o programa electoral do PPdeG volcarase no eido do apoio aos autónomos.
Feijóo avanza que pedirá ao Goberno central que revise o IVE dos produtos para celíacos
Ferrol, 30 de agosto de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou esta mañá que traballará para que o Goberno central revise o IVA dos produtos sen glute que teñen un prezo máis elevado e que a xente non compra por gusto.
Feijóo sinala que a estabilidade e a responsabilidade de Galicia é o xeito de que España saia do bloqueo e avance
Cotobade, 27 de agosto de 2016.- O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que a estabilidade e a responsabilidade de Galicia é o xeito de que España saia do bloqueo e avance, advertindo que a comunidade non debe imitar o que sucedeu neste país nos últimos nove meses.
Feijóo, sobre o balance do Goberno do PPdeG na Xunta: “O meu discurso é o meu traballo”
Castro de Rei, 26 de agosto de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, clausurou esta mañá a presentación do balance do Goberno do PPdeG na Xunta asegurando que o seu discurso é o seu traballo. “O meu discurso é o que fixemos. O meu discurso é o que propoño a Galicia que sigamos facendo xuntos”, recalcou.
Puy:»É momento de apoiar ao operativo loita contra o lume e da colaboración cidadá»
Santiago, 25 de agosto de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, subliñou hoxe na Deputación Permanente do Parlamento a “fonda preocupación do Partido Popular polo problema dos lumes forestais” e manifestou que “é o momento de apoiar aos traballadores, forzas de seguridade, exercito e responsables do operativo que están a loitar contra os incendios e os incendiarios; de pedir colaboración cidadá para que axude a detectar aos que prenden lume ao monte; e para a cooperación entre as institucións”.