Miguel Tellado cualifica a proposta de emendas da oposición de «irreal, irresponsable e inaceptable»

Santiago, 16 de xaneiro de 2017.- O viceportavoz do grupo popular, Miguel Tellado, cualificou este luns a proposta de emendas transversais dos orzamentos da Xunta por parte da oposición de “irreal, irresponsable e, por conseguinte, inaceptable”. Tellado argumentou que o resto de grupos basean os seus cálculos en “ingresos inflados, como facía o bipartito” e reprochoulles que lle pidan ao goberno “desandar un camiño que os galegos refrendaron maioritariamente nas urnas” e “reverter a mellora da economía e os servizos públicos”.

Seguir leyendo

Pedro Puy demanda á oposición vontade para acadar consensos a curto prazo sobre o AVE ou o financiamento autonómico

Santiago, 9 de xaneiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, reiterou hoxe “a disposición do PPdeG para chegar a acordos coa oposición”, á que demandou “vontade” para acadar consensos a curto prazo sobre cuestións como os investimentos do Estado na mellora das infraestruturas ferroviarias en Galicia ou no novo modelo de financiamento autonómico. No balance destes primeiros meses da X lexislatura, Puy salientou que “máis do 82 por cento dos puntos debatidos en Pleno foron a iniciativa da oposición”, o que pon de manifesto a súa capacidade de control e impulso ao  Goberno galego.

Seguir leyendo

O GPP pretende que os concellos con medidas provisionais urbanísticas presenten o borrador do novo PXOM no prazo dun ano

Santiago, 2 de xaneiro de 2017.- O Grupo Popular pretende, a través de emendas ao proxecto de Lei de medidas fiscais, administrativas e de ordenación para 2017, que as medidas provisionais de ordenación urbanística que aproben os concellos co seu plan xeral anulado xudicialmente se manteñan en vigor só se estes concellos cumpren o compromiso de ter presentado o borrador da nova ordenación urbanística no prazo de un ano, telo aprobado inicialmente en dous anos e telo aprobado provisionalmente en tres anos.

Seguir leyendo

O PPdeG ve no discurso de Fin de Ano de Feijóo “unha nova man tendida á oposición para acadar acordos de país”

 O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou o discurso de Fin de Ano de Alberto Núñez Feijóo como “unha nova man tendida á oposición para acadar acordos de país en temas fundamentais”, e cre que é importante o diálogo co resto de forzas xa que “desde o consenso poderemos acadar reformas que sexan positivas, porque poderán ter unha ampla perdurabilidade no tempo”. 

Seguir leyendo