“O lóxico é solicitar ao Goberno galego que vele polo cumprimento estrito da legalidade en materia ambiental”, dixo o portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández O PPDEG ACUSA Á OPOSICIÓN DE PRETENDER QUE A XUNTA “COMETA UNHA ILEGALIDADE E PREVARIQUE PARALIZANDO POR CAPRICHO O CENTRO DE XESTIÓN AMBIENTAL DE LOUSAME· Criticou que En Marea, PSOE e BNG queiran “paralizar a tramitación dun permiso dun xeito discrecional”
Santiago, 1 de decembro de 2016.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández, acusou hoxe aos grupos da oposición de “pretender que a Xunta cometa unha ilegalidade e prevarique ao paralizar por capricho” a autorización ambiental dun centro de xestión ambiental no concello coruñés de Lousame”. “O lóxico é solicitar ao Goberno galego, como defendemos na nosa emenda, que vele polo cumprimento estrito da legalidade vixente en materia ambiental durante toda a tramitación do procedemento”, apuntou.