O PPdeG pedirá de novo no Parlamento de Galicia explicacións e dimisións pola Lei do ‘só si é si’

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, anunciou hoxe que a súa formación presentará unha nova iniciativa no Parlamento de Galicia para pedir explicacións e dimisións pola “nefasta e desastrosa” Lei do ‘só si é si’, aprobada polo Goberno central do PSOE e Podemos, que cualificou como “o maior retroceso nos dereitos das mulleres en toda a historia da democracia española”.

Seguir leyendo

Alberto Pazos destaca a celebración do Debate sobre o Estado da Autonomía e a tramitación dos orzamentos como mostras da normalidade política que gozamos en Galicia

18 de setembro de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, salientou hoxe que a celebración no mes de outubro do Debate sobre o Estado da Autonomía e o inicio da tramitación dos orzamentos da Xunta para 2024 son unha demostración da “normalidade política que gozamos en Galicia”, en contraste coa inestabilidade que se vive a nivel estatal.

Seguir leyendo

O Parlamento de Galicia expresa o seu firme compromiso na defensa da Constitución e da independencia do Poder Xudicial

O Pleno do Parlamento de Galicia expresou hoxe, a proposta do Grupo Popular pero co voto en contra do BNG e a abstención do PSdeG, o seu firme compromiso na defensa da Constitución de 1978 e dos valores democráticos que se ven reflectidos no seu artigo 1º, onde define a España como un Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político; así como na defensa da independencia do Poder Xudicial, o cal non pode ser usado como elemento de negociación mediante cesións esixidas por partidos independentistas para garantir a continuidade dun Goberno.

Seguir leyendo

O Parlamento galego pide á Xunta potenciar a investigación no eido da medicina xenómica

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a potenciar a investigación no eido da medicina xenómica co establecemento de acordos de investigación con outras entidades, preferentemente de carácter publico, que permitan xerar un valor engadido en materia de detección precoz ós traballos realizados pola Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Seguir leyendo

O Grupo Popular solicita ao Goberno central desenvolver o regulamento da nova Lei estatal do deporte para axilizar a declaración de nulidade das cláusulas anti-embarazo

A portavoz de Deporte do Grupo Popular, Lupe Murillo, demandou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o Goberno central proceda “de forma urxente ao desenvolvemento regulamentario da nova Lei do deporte” de xeito que se avance, en colaboración coas federacións deportivas, “nunha fórmula que permita dotar de axilidade á declaración de nulidade das cláusulas anti-embarazo”.

Seguir leyendo