Rueda lembra que uns poucos votos poden marcar a diferenza entre gobernar ou non e apela ás maiorías que conseguiu Feijóo en Galicia para que o leven agora á Moncloa

O presidente do PPdeG asegurou, nun mitin celebrado no Pazo do Monte de Ferrol, que os galegos teñen na súa man evitar catro anos máis de sanchismo derrogándoo ao grande: contribuíndo desde Galicia a unha maioría contundente que permita a Alberto Núñez Feijóo formar un goberno cohesionado, estable e sen ataduras.

Seguir leyendo

Alfonso Rueda amósase convencido de que Feijóo será unha “baza fundamental” no desenvolvemento do “turismo con sentidiño” que caracteriza a Galicia

 

O presidente do PPdeG puxo en valor hoxe, en declaracións aos medios despois de realizar a pé un tramo do Camiño de Santiago en Fisterra, a enorme sorte de Galicia ao ser “o final de todos os camiños” e prognosticou un ano turístico “espectacular” aínda mellor que o anterior: “Así queremos seguir, apostando polo turismo con sentidiño”.

Seguir leyendo