Paula Prado valora as cifras “récord” de turistas na Comunidade: “Galicia non para, tampouco de recibir visitantes e consolidarse como destino turístico de preferencia para cada vez máis persoas”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, valorou hoxe as cifras de turistas que visitaron a Comunidade ao longo destes meses e prognostica outro ano de récord para o sector: “Galicia non para, tampouco de recibir visitantes e de consolidarse como turístico de preferencia para cada vez máis persoas”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular pedirá no Pleno que o Goberno central acometa con urxencia un plan extraordinario de conservación integral da A-6

O Grupo Popular pedirá ao Goberno de España no Pleno da vindeira semana que acometa con urxencia un plan extraordinario de conservación integral da A-6, tanto no que respecta á calzada como ás pontes e noiros existentes en todo o seu trazado. Así mesmo, solicitará que se adíe un ano a posta en marcha da obriga para que o alumnado de FP ou universitario que realice prácticas formativas en empresas sexa incluído no réxime da Seguridade Social, unha medida que non se cuestiona pero que presenta dificultades para a súa aplicación neste prazo de tempo.

Seguir leyendo

Alfonso Rueda enxalza ás 28 alcaldesas do PPdeG como referentes en igualdade e compromiso cos seus veciños: “Galicia é unha terra de mulleres fortes e líderes”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe que se o partido que lidera é o que máis se parece a Galicia, por iso é tamén o que ten máis alcaldesas na nosa Comunidade: “Galicia é unha terra de mulleres fortes e líderes e así o demostran as nosas alcaldesas”. Enxalzando acto seguido ás 28 rexedoras populares como referentes en igualdade e compromiso cos seus veciños.

Seguir leyendo

O PPdeG creará unha Comisión de Xustiza e Interior para abordar os problemas de seguridade en Galicia e seguirá demandando ao Goberno central o incremento do número de efectivos policiais

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, anunciou hoxe que nas próximas semanas se constituirá a Comisión de Xustiza e Interior da súa formación co obxectivo de que as cuestións relativas á seguridade en Galicia conten cun “laboratorio de ideas” onde membros do partido e persoas expertas mostren os seus puntos de vista, se poidan trasladar á sociedade e materializarse en medidas.

Seguir leyendo

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno de Pedro Sánchez que aclare o contido e alcance das negociacións para a súa investidura

25 de outubro de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co voto en contra de BNG e PSdeG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que aclare o contido e alcance das negociacións que está a levar a cabo coas distintas forzas políticas para acadar a investidura de Pedro Sánchez e como estes pactos poden afectar ás diferentes Comunidades Autónomas, nomeadamente a Galicia. Así mesmo, esíxese ao Goberno central que en ningún caso estas negociacións deriven na asignación de menos recursos públicos ou competencias para Galicia que para outras comunidades autónomas.

Seguir leyendo