O Grupo Popular salienta a aposta da Xunta pola I+D+i, coordinada entre os seus departamentos, con cifras récord de investimento e emprego; e cunha crecente participación empresarial

25 de abril de 2023. A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez defendeu hoxe no Pleno do Parlamento galego “a aposta da Xunta pola I+D+i, baseada na coordinación entre os distintos departamentos autonómicos; que acada cifras récord de investimento e emprego; e cunha crecente participación do sector empresarial, e polo tanto, de transferencia da ciencia á realidade social e económica a modo de innovación”.

Seguir leyendo

O Pleno do Parlamento galego aproba a Conta Xeral da Comunidade galega de 2020 e os informes de fiscalización do Consello de Contas

25 de abril de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2020 e os informes de fiscalización elaborados polo Consello de Contas, que reflexan unha execución do orzamento consolidado de gasto do 102,1 por cento e un aforro bruto de 1.043 millóns de euros, o que permitiu incrementar os investimentos sen recorrer ao endebedamento a pesar de afrontar unha situación de pandemia e emerxencia sanitaria nese ano.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda promover unha mellora da xestión de frondosas en Galicia

21 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a promover unha mellora da xestión activa de frondosas en Galicia mediante a tramitación dunha estratexia no primeiro semestre deste ano, coa finalidade de fomentar a conservación da biodiversidade e da multifuncionalidade dos montes como ecosistemas forestais.

Seguir leyendo

O Parlamento galego insiste en que o Goberno de España aplique a tramitación ambiental ordinaria aos proxectos eólicos de autorización ministerial

21 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio dos deputados do PSdeG, a través da que se solicita ao Goberno de España que aplique a tramitación ambiental ordinaria aos proxectos eólicos de autorización ministerial para ofrecer as mesmas garantías que se esixen aos proxectos de tramitación autonómica, reforzando as súas medidas de simplificación e axilización administrativa tal e como se está a facer en Galicia.

Seguir leyendo

O Parlamento pide cubrir de xeito inmediato as prazas vacantes no CAMF de Ferrol e acometer as reformas necesarias nas súas infraestruturas

19 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG, a través da que se reclama ao Goberno central que resolva a situación do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física (CAMF) de Ferrol, cubrindo de xeito inmediato os postos vacantes existentes, dotando postos de traballo fixos para reducir a contratación temporal, e acometendo as reformas precisas para renovar as infraestruturas e medios técnicos.

Seguir leyendo

O Parlamento galego solicita a incorporación á sanidade pública galega de equipos de cirurxía robotizada nas intervencións de traumatoloxía

19 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se insta á Xunta de Galicia a continuar avanzando na incorporación á sanidade pública galega de equipos tecnolóxicos punteiros de cirurxía robotizada, incidindo agora naqueles que dean soporte e mellores prestacións a profesionais e pacientes nas intervencións de cirurxía traumatolóxica.

Seguir leyendo

O Grupo Popular solicitará no Pleno que o Goberno central cumpra co Pacto de Estado por Ferrol e mellore a atención aos cidadáns nas oficinas da Seguridade Social

18 de abril de 2023. O Grupo Popular solicitará no Pleno do Parlamento galego da vindeira semana que o Goberno central sitúe a Ferrol entre as súas accións prioritarias, desenvolvendo as medidas previstas no Pacto de Estado presentado en 2021, e adopte as medidas de reforzo necesarias para superar de xeito inmediato as deficiencias existentes nos servizos de atención á cidadanía da Seguridade Social, habilitando un protocolo específico para as persoas maiores de 65 anos.

Seguir leyendo