O PP aposta por acadar a igualdade real e efectiva mediante leis eficaces e consensuadas: “A igualdade debe ser un motivo de unión e non de enfrontamento”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e a número 2 ao Senado pola Coruña, Verónica Casal, participaron hoxe nun acto sectorial celebrado en Ferrol para abordar as propostas incluídas no programa electoral do Partido Popular co obxectivo de acadar a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres en España. Un obxectivo para o que propoñen “leis eficaces e froito do consenso”, xa que, na súa opinión, “a igualdade debe ser un motivo de unión e non de enfrontamento”.

Seguir leyendo

Paula Prado: “Mañá a Praza de Touros de Pontevedra será a Praza de Todos e o comezo do cambio que España necesita”

8 de xulo de 2023. Nunha visita de supervisión dos traballos de montaxe do gran acto central de campaña, a secretaria xeral do PPdeG indicou que 12.000 persoas serán as que mañá volverán encher a Praza de Touros de Pontevedra, o lugar onde se fraguaron as vitorias de Alberto Núñez Feijóo en Galicia desde 2009 e, polo tanto, un “emblema e talismán” para a formación.

Seguir leyendo

Paula Prado, en referencia á Lei do só si é si: “Ninguén entende que Sánchez seguira á fronte dun Goberno que provocou este retroceso nos dereitos das mulleres”

7 de xullo de 2023. A secretaria xeral do PPdeG considera “hipócrita” que o lema do PSOE nesta campaña sexa Adelante cando o realmente o sanchismo supuxo “cinco anos de pasos atrás” en cuestións, como por exemplo, os dereitos das mulleres. En declaracións aos medios antes da inauguración do X Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia en Agolada e facendo referencia aos últimos datos sobre os resultados da aplicación da Lei do só si é si (máis de 1.200 agresores sexuais que viron reducidas as súas penas e 117 violadores que saíron á rúa antes de tempo), Paula Prado afeou a Pedro Sánchez que cualificase esta norma de “magnífica”: “Despois destes resultados, ningún gobernante do mundo pode dicir que é unha magnífica lei”.

Seguir leyendo

Alfonso Rueda subliña que “é o momento” de que en Madrid se faga política á galega e agarda que o cambio triunfe o 23 de xullo: “Opa Feijóo!”

6 de xullo de 2023. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, considera que as eleccións xerais serán unha gran oportunidade para darlle todo o apoio, a confianza e o respaldo a quen durante 13 anos presidiu a nosa Comunidade. “É o momento de que Galicia volva ensinar un camiño de política útil para todos os españois e de que en Madrid se faga política á galega da man de Alberto Núñez Feijóo”.

Seguir leyendo