Alfonso Rueda: «Fomos o primeiro partido en dar a coñecer aos candidatos das sete cidades e este sábado seremos os primeiros en presentar aos candidatos dos 313 concellos»

20 de febreiro de 2023. Alfonso Rueda mostrouse convencido de que o 28 de maio se verán os resultados dunha boa estratexia de planificación: “O PPdeG foi o primeiro partido en presentar aos seus candidatos para as sete cidades e este sábado será o primeiro en presentar aos candidatos dos 313 concellos galegos”.

Seguir leyendo

Pedro Puy critica a “vaguidade” da oposición co sector eólico, que se converte nun “non porque nunca se sabe onde se pode implantar un parque para que non proteste”

20 de febreiro de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe a “vaguidade” de BNG e PSdeG respecto da súa posición sobre o desenvolvemento do sector eólico, “unha vaguidade ‘o si pero non así’ que se converte nun non na medida en que nunca se sabe onde se pode implantar un parque eólico para que a oposición non proteste”. Así mesmo, volveu insistir na mellora da distribución dos fondos europeos a través da cogobernanza e a colaboración do Goberno central coas comunidades autónomas.

Seguir leyendo

O Grupo Popular reclama responsabilidades políticas pola “chapuza” que impide renovar os trens da rede estatal de vía estreita tamén en Galicia

18 de febreiro de 2023. O Grupo Popular de Galicia vén de rexistrar unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia a través da que se demanda ao Goberno de España que asuma as responsabilidades políticas oportunas ante a “chapuza” que impide renovar a frota de trens da rede estatal de vía estreita (a antiga FEVE) nos prazos inicialmente comprometidos.

Seguir leyendo

O Grupo Popular traslada o seu apoio aos letrados da Administración de Xustiza e pide ao Ministerio que cumpra o acordo asinado en 2022

17 de febreiro de 2023. Os viceportavoces do Grupo Popular Paula Prado e Alberto Pazos reuníronse onte cos representantes do Colexio de Letrados da Administración de Xustiza e da Unión Progresista de Letrados da Administración de Xustiza para trasladarlles o apoio ás súas reivindicacións e demandar ao Ministerio que cumpra o acordo asinado en abril de 2022 coas asociacións profesionais para adecuar os salarios ás funcións encomendadas, a convocatoria de oposicións a letrados da Administración de Xustiza e a elaboración dun novo estatuto profesional.

Seguir leyendo

Paula Prado: “A xente confía no proxecto serio, solvente e responsable do PPdeG, pero a única forma de que iso se materialice en alcaldías é que a xente nos vote maioritariamente”

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia afirmou hoxe, nunha entrevista no Bos Días da Televisión de Galicia, que a formación “non renuncia a nada” a 100 días das próximas eleccións municipais: “A tendencia do PP é á alza e, segundo as enquisas, somos o único partido que sube nas cidades. É unha tendencia imparable porque a xente confía no proxecto serio, solvente e responsable que lle ofrecemos”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular critica que o BNG demande a reversión á xestión pública dos centros de atención á dependencia cando foron externalizados polo Goberno bipartito

16 de febreiro de 2023. A deputada do Grupo Popular Rosalía López criticou hoxe no Parlamento galego que o BNG “demande agora a reversión á xestión pública dos centros autonómicos de atención á dependencia con xestión externa, cando moitos deles foron externalizados polo Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas”. Pero é que, ademais, na actualidade “o BNG segue a externalizar a xestión de moitos centros e servizos públicos alí onde goberna, ben nos concellos ou nas deputacións provinciais”.

Seguir leyendo

Pedro Puy sitúa ao CIS de Lalín como “referencia do novo modelo de atención primaria que emprende a Xunta, que facilita unha atención de proximidade e vangarda”

15 de febreiro de 2023. Os deputados do Grupo Popular visitaron esta mañá o Centro Integral de Saúde (CIS) de Lalín, “un edificio de referencia do novo modelo de atención primaria que está emprendendo a Xunta para facilitar unha mellor atención sanitaria de proximidade e de vangarda a todos os galegos”, manifestou o portavoz, Pedro Puy. “Unha atención primaria que en Galicia xa hai anos que supera o 25 por cento do orzamento destinado a Sanidade, tal e como o recoñeceu o propio Ministerio no ano 2020”, destacou.

Seguir leyendo

O Parlamento aproba solicitar ao Goberno central que cese o agravio comparativo para Galicia na tramitación dos proxectos de enerxías renovables actuais

15 de febreiro de 2023. O Parlamento de Galicia ven de aprobar, a iniciativa do Grupo Popular, a solicitude ao Goberno de España para que cese o agravio comparativo para Galicia que se produce nos proxectos de enerxías renovables que se están a tramitar na actualidade. Isto se produce pola superposición dos prazos fixados, por unha banda, polo Real Decreto-lei 23/2020, que estipula que sexan de 34 e 37 meses para a autorización administrativa previa e a de construción respectivamente, e os prazos establecidos pola Xunta a través das medidas de simplificación e axilización administrativa que provoca que estas dúas autorizacións se tramiten conxuntamente e teñan un prazo máximo de 34 meses.

Seguir leyendo

O PPdeG estrea este xoves en Primeira Persoa, un podcast de entrevistas que dará a coñecer de preto aos candidatos das municipais

15 de febreiro de 2023. O Partido Popular de Galicia estreará este xoves nas súas redes sociais un programa de podcast que levará por título en Primeira Persoa e no que diferentes candidatos das catro provincias galegas serán entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia.

Seguir leyendo