Santiago, 30 de marzo de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega, acompañado do alcalde de Foz, Javier Castiñeira, analizou coa directiva da Asociación A Ribeira as necesidades de incremento de prazas de atraque nos peiraos de Foz, especialmente no de Portochico, ante o que avanzou que a Xunta xa ten previsto ampliar en 40 novas prazas no porto focense.
Daniel Vega reuniuse co presidente da Asociación A Ribeira, Alberto Burunda; o vicepresidente Ramón Cajoto; e o secretario José Luís Moreda.
OBRAS DE DRAGAXE E NA LONXA
No encontro, salientou os investimentos realizados pola Xunta de Galicia nas infraestruturas portuarias de Foz, que en conxunto se achegan aos 900.000 euros. Entre as actuacións máis destacadas figuran a dragaxe da canle de acceso ao porto (243.743 euros), o reforzo da estrutura e o acondicionamento da lonxa (máis de 315.000 euros), o estudo hidrodinámico para a ordenación do borde marítimo (101.679 euros), o reforzo do dique de encauzamento do porto (98.006 euros) ou o mantemento das infraestruturas portuarias (64.060 euros).
“Queremos coñecer de primeira man as propostas e necesidades dos traballadores e as asociacións do sector pesqueiro, para despois poder tomar decisións que se adecúen