Skip to content

Demanda de medidas para solucionar o problema xerado polo colapso e o peche da circulación do viaduto do Castro, na autovía do Noroeste

 

Demanda por parte da Xunta ao goberno de España de medidas para solucionar o problema xerado polo colapso e o peche da circulación do viaduto do Castro, na autovía do Noroeste, e garantir a seguridade e a funcionalidade desa infraestrutura viaria 

O pasado mércores 8 de xuño colapsou un treito dun dos viadutos da Autovía do Noroeste (A-6), en concreto, na ponte do Castro, entre a localidade leonesa de Vega de Valcarce e o municipio lucense de Pedrafita do Cebreiro. O punto exacto sitúase entre o quilometro 431 e o 432 desta autovía, moi preto da fronteira entre as provincias de Lugo e León.

Trátase, en palabras do director xeral de Estradas do Ministerio de Transportes dun
“colapso sen precedentes na rede viaria española” que se produce nunha infraestrutura que estaba a ser obxecto de traballos de reparación. Dáse a circunstancia ademais, cando menos que teña transcendido, que non foi advertida ningunha deficiencia de relevancia que presaxiase esta situación no proceso de revisión desta infraestrutura.

O colapso afectou ao carril en sentido A Coruña, que permanecía pechado desde hai un ano precisamente polas obras de mellora das que estaba a ser obxecto, e motivou o corte da circulación no viaduto lindeiro, sentido Madrid, por un período de tempo indeterminado, así como o desvío do tráfico rodado pola antiga estrada nacional.

A zona afectada é unha das principais entradas e saídas entre Galicia e a Meseta e, polo tanto, as restricións á circulación de vehículos de transporte pesado e o desvío da circulación por unha vía que dificulta e incrementa notablemente o tempo de percorrido, terá para Galicia un impacto directo, tanto na actividade económica e turística, como en varios sectores produtivos que empregaban esta vía de xeito habitual como espazo de paso dos seus transportes.

De xeito paralelo resulta especialmente necesario coñecer as causas técnicas do desprendemento porque a seguridade da rede viaria non pode estar en entretido, tendo en conta ademais que ese mesmo percorrido conta cunha moi ampla rede de viadutos para salvar as dificultades orográficas do terreo.
Por todas estas razóns é imprescindible que o Goberno de España actúe con axilidade para dar solución ao problema, por canto a complexidade e circunstancias deste
colapso evidencian unha situación de corte prolongado do que é un dos principais accesos a Galicia.

 

Polo exposto, dende o Grupo Parlamentario Popular consideramos necesario presentar esta proposición non de lei para o seu debate en pleno:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que:

1º- Actúe con toda a celeridade posible para dar solución ao problema xerado tras o colapso e peche á circulación do viaduto do Castro, na Autovía do Noroeste, unha das principais vías de entrada e saída de Galicia á Meseta.

2º- Concrete as previsións sobre os traballos de reparación do viaduto afectado, así como das iniciativas dirixidas a revisar, inspeccionar e garantir a seguridade e funcionalidade dos viadutos da Autovía do Noroeste e da integridade desta infraestrutura viaria.

3º- Busque todas as solucións posibles para minimizar o impacto do peche da autovía para Galicia, en particular, para o transporte pesado que de xeito habitual empregaba esa vía e agora vese obrigado a utilizar o desvío alternativo habilitado.

4º- Ofreza información de xeito continuo e coa máxima transparencia para manter ao tanto das novidades aos cidadáns, concellos afectados e á administración autonómica, en aras de evitar posibles especulacións e desconfianzas”.

Noticias recomendadas

O PPdeG considera que o novo pronunciamento de Europa sobre Altri deixa en evidencia ao BNG e á esquerda: “Seis veces preguntaron e seis veces dixéronlles que non hai incumprimento”
Os eurodeputados do Partido Popular de Galicia, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, celebran o novo pronunciamento da Comisión Europea sobre o a futura biofábrica de fibras téxtiles de Altri
O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies