Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, mantivo onte encontros coa veciñanza dos concellos de Fene e Narón.
Estes encontros forman parte da xira ‘A Galicia que ti queres’, que Feijóo ten emprendido para ter un contacto directo coas galegas e os galegos e para recibir as súas propostas e achegas de cara á elaboración do vindeiro programa electoral. Así, Feijóo visitará concellos de toda Galicia acompañado dun banco ou ‘faladoiro’ no que sentarse a conversar coa veciñanza para escoitar as súas inquedanzas e dunha urna no que estas persoas poidan depositar, do seu puño e letra, as súas propostas de actuacións para o goberno.
No seu paseo por Fene, o presidente Feijóo aproveitou para conversar coas persoas reunidas arredor das terrazas e do parque infantil da Plaza Verde de Perlío, mentres que no Concello de Narón decidiu instalar o seu ‘Faladoiro’ na Praza da Gándara e escoitar dende alí as impresións e as inquedanzas da veciñanza naronesa.