Skip to content

Feijóo reivindica a aposta de Galicia por un Goberno único, unido e disposto a afrontar a pandemia sen conspiracións nin deslealdades

Lembra o aniversario da declaración de emerxencia sanitaria e a anticipación da Xunta fronte un Executivo central que só discutía e dubidaba

O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou a decisión que os galegos tomaron en xullo de 2020, cando optaron pola responsabilidade fronte o populismo e a fragmentación. Deste modo -aseverou- Galicia apostou por un Goberno único, unido e disposto a afrontar a pandemia sen conspiracións nin deslealdades, acertando ao non dar espazo a aqueles que dicían que viñan a sumar co PP, pero en realidade querían dividir o voto e restar desde os Executivos.

 

O presidente tamén asegurou que entende aos cidadáns que senten un profundo desencanto coa política actual, sinalando que España non precisa a gran parte dos políticos que hoxe se ven no noso país. Nese senso, expresou que non merecemos dirixentes que cren que a política é un taboleiro de xadrez, que dicían que viñan rexenerala e practican a política máis decadente, que nun dos peores momentos alentan á división e ao caos e que en medio dunha pandemia ocupan o seu tempo en intrigas e manobras: “España non merece un partido que di estar ao mando do Goberno español e que presenta tres mocións de censura de forma continuada na mesma mañá”.

 

Por iso, celebrou que a deslealdade non teña premio en Murcia, alegrouse de que Juanma Moreno e Alfonso Fernández Mañueco blindasen uns gobernos ante calquera intriga e desexou para Madrid un executivo estable, unido, maioritario e libre de conspiracións como o que temos na nosa Comunidade. Do mesmo xeito, prometeu dedicarse á política con maiúsculas e a seguir traballando para que o PPdeG sexa un faro no que mirarse “de estabilidade, responsabilidade, madurez e dos intereses xerais de Galicia, que son coincidentes cos de España”.

 

DEFENDER OS INTERESES DA COMUNIDADE

Durante a súa intervención no Comité Executivo do PPdeG incidiu en que o seu partido leva catro décadas coa única folla de ruta de defender os intereses da Comunidade, explicando que isto non se fai copiando o modelo do independentismo vasco e catalán, convertendo a un partido galego nunha franquicia de Bildu, de Esquerra ou da CUP en Galicia nin convertendo o Bloque Nacionalista Galego no Bloque independentista Galego, ou cun proxecto político que só consiste en dicirlle que si a todas as propostas de Pedro Sánchez como fan os socialistas galegos.

 

Segundo apuntou, non se pode aceptar que se discrimine a Galicia nos Orzamentos, que se baleire de carga de traballo ao noso sector naval público, unha política enerxética errada ou que se poñan en perigo as empresas do dominio público marítimo terrestre. “Aqueles partidos que lle digan que si a todo isto converteranse nunha sucursal do PSOE que non serve a Galicia e non representa os intereses lexítimos dos galegos”, subliñou.

 

UN GOBERNO QUE SE ANTICIPA, DECIDE E EXECUTA

Como lembrou no seu discurso, hai xusto un ano a Xunta tomou a que quizá sexa a decisión máis importante da historia da Autonomía e declaraba a emerxencia sanitaria, anticipándose, decidindo e executando mentres o Goberno central discutía e dubidaba.

 

Ademais, o presidente recoñeceu que o Executivo autonómico tomou decisións moi duras pero sempre cuns principios moi claros baseados en dar toda a información, contarlle a verdade á xente e, sobre todo, protexer a vida e a saúde dos galegos. Igualmente, salientou o esforzo de Galicia polo seu entendemento, responsabilidade e xenerosidade nestes duros meses.

 

GALICIA POR RIBA DE TODO

No acto celebrado esta mañá en Santiago, os populares galegos adscribiron a Fundación Alfredo Brañas ao Comité Executivo do PPdeG, coa vontade de que a formación teña nela un referente de formación, intelectual e espiritual, pois Brañas entendeu hai máis dun século o que o Partido Popular de Galicia leva décadas practicando: a defensa da Comunidade por riba de todo.

 

“Somos o resultado de todos os políticos que nos precederon” manifestou Feijóo mentres admitía que se constrúe a Galicia do futuro sobre o legado de todas esas persoas. Así mesmo, enxalzou a traxectoria e o labor de José Manuel Romay Beccaría, que será o encargado de presidir esta Fundación e do que destacou a súa integridade e honestidade.

 

 

Noticias recomendadas

Millán Mon recibe en Bruselas a miembros de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN)
El eurodiputado del Partido Popular Francisco Millán Mon se reunió hoy en el Parlamento Europeo con representantes de la cooperativa CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas), una referencia en el sector agroganadero gallego. El
Alfonso Rueda asegura que “el secreto del éxito de Galicia” radica en ser una tierra abierta, gestionada con sentidiño y que se siente tan orgullosa de su identidad como de formar parte de España
El presidente del PPdeG, Alfonso Rueda, aseguró hoy que “el secreto del éxito de Galicia” radica en la combinación de ser un territorio abierto, orgulloso de su identidad y de
O Grupo Popular pedirá no Pleno que o Goberno central suprima a obrigatoriedade de rexistrar os currais avícolas para autoconsumo
O Grupo Popular demandará no primeiro Pleno da XII Lexislatura, que se celebrará a vindeira semana, que o Goberno central suprima a obrigatoriedade de rexistrar o currais avícolas para autoconsumo,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Cookies settings
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Cookies settings