Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia e as que debe demandar do Goberno de España respecto da garantía da protección sanitaria dos socios e do patrimonio da Casa de Galicia de Montevideo
Casa de Galicia de Montevideo nace no ano 1917 como una sociedade de instrución, recreo, beneficencia, sanidade e protección ao traballo. A súa forma orixinar responde a necesidade de crear organización que se ergueran como referentes sociais, culturais e tamén para contar cos medios económicos necesarios ante continxencias da colectividade no país, é dicir, un medio de protección grupal de carácter solidario.
Ao longo de máis dun século estas institución formou parte do Servicio Social de asistencia a la salud do país. Na actualidade, estas mutualistas encóntranse dentro da regulación xeral das Institucións de Asistencia Médica Colectiva, e tipifícanse como asociacións civís, es dicir, persoas xurídicas de dereito privado, cuxo obxecto é a prestación de servizos de asistencia médica integral por sistema de prepago, sen prexuízo de que tamén desenvolvan outras actividades sociais e culturais. Organicamente, as mutualistas son dirixidas por autoridades electas por voto secreto e directo dos seus socios.
Durante os últimos meses Casa de Galicia sofre unha situación preocupante. A finais do pasado ano é intervida por terceira vez polo Estado Uruguaio (xa sufrira situacións semellantes en 2002 e 2006) e posteriormente procédese a súa intervención xudicial que a declara en concurso de acredores e o cese da súa actividade.
A preocupación neste senso é dobre, por un lado, a protección sanitaria dos seus socios, de maneira particular dos galegos, e por outro, da protección dos seu patrimonio e a garantía da súa continuidade.
Por todo isto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión:
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia, que tamén se dirixa ao Goberno de
España para:
1.- Reiterar a solicitude ás Autoridades competentes de Uruguai para que se tomen todas as medidas necesarias para garantir a protección sanitaria dos socios de Casa de Galicia, así como todas aquelas que, axustadas a dereito, garantan a protección e a integridade do patrimonio cultural, artístico e histórico de Casa de Galicia.
2.- Continuar coas medidas que correspondan dentro das súas competencias, Estado e Xunta de Galicia, para asegurar a protección socio-sanitaria dos emigrantes galegos”.
Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Rexistros/qXgdtH_u9ivOnP4DKda6ETNPzbpi6sPUZrbp_ePsLZQ=