Skip to content

Iniciativa en relación coa rebaixa dos nivel e dos requisitos para que un alumno aprobe, promocione ou titule no curso 2020-2021 con independencia dos suspensos

Iniciativa en relación coa rebaixa dos nivel e dos requisitos para que un alumno aprobe, promocione ou titule no curso 2020-2021 con independencia dos suspensos

 

 

A través dos medios de comunicación, a comunidade educativa de Galicia e do resto do Estado enterouse do contido do Real Decreto-Lei 31/2020, de medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria, que foi aprobado no Consello de Ministros do día 29 de setembro de 2020.

Unha parte do contido deste decreto, en concreto, a pretensión do Ministerio de Educación de permitir que o alumnado pase de curso e titule sen límite de materias suspensas non foi abordada na última Conferencia Sectorial de Educación, onde si se trataron e acordaron outras cuestións recollidas no devandito Real Decreto-Lei.

Esta medida, que afectará ao curso 2020-21, debe verse como unha imposición do ministerio que dirixe Isabel Celaá, xa que non foi tratada previamente coas CCAA nin cos sindicatos.

Ademais das críticas realizadas por diferentes CCAA, profesores e sindicatos están molestos con esta medida por entender que dana a calidade da educación en todo o Estado, busca maquillar as estatísticas educativas e afectará ao alumando porque xerará desigualdade.

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia oponse a unha medida, habilitada a través do devandito Real Decreto-Lei, porque converte unha solución puntual acordada de xeito excepcional para o curso 2019-20 ante a aparición da covid -cando xa estaba iniciado e houbo que suspender a actividade presencial- nunha decisión unilateral para o curso 2020-21 que está iniciado e conta con protocolos de actuación.

Lonxe de facilitar o traballo no curso 2020-21, a decisión do Ministerio de Educación de rebaixar o nivel e os requisitos para aprobar, promocionar en nada axuda a mellorar a educación; ao contrario, significa unha merma da calidade educativa e racha coa función do sistema educativo como xerador de igualdade de oportunidades.

 

Este xeito de proceder por parte do Goberno do Estado, ignorando a normativa orgánica e ocultando a información nunha decisión tan importante para toda a comunidade educativa, desprestixia a educación e o traballo dos docentes e as súas familias, vai en contra da cultura do esforzo e ataca a equidade na medida en que establece cuestións como:

– A rebaixa dos criterios de avaliación, promoción e titulación, permitindo que calquera alumno ou alumna pase de curso sen importar o número de suspensos

– A supresión da avaliación final de etapa de Primaria e de ESO

– Ou a redución da duración dos módulos de formación en centros de traballo ( FCT) nos ciclos formativos.

Ademais estas medidas, tal e como xa denunciou a Xunta de Galicia e como apuntan tamén outras CC.AA., poden xerar desigualdades entre o alumnado en función do seu lugar de residencia e crea inseguridade xurídica e confusión normativa.

Galicia leva anos poñendo en marcha medidas e plans que favorecen a motivación pola aprendizaxe e que proporcionan un reforzo ao alumnado máis vulnerable, medidas que facilitaron a baixada de máis de 10 puntos da taxa de abandono escolar, pasando no ano 2009 dun 25,8% a un 21,6% no ano 2019.

Por iso, desde o Grupo Parlamentario Popular, presentamos a seguinte proposición non de lei en Pleno:

 

“O Parlamento de Galicia declara a súa posición contraria a que, a través dun Real Decreto-Lei que ignora o previsto na normativa orgánica de educación e que non foi pactado coas CC.AA., o Ministerio de Educación decida rebaixar o nivel e os requisitos para que un alumno aprobe, promocione ou titule no curso 2020-21 con independencia do número de materias suspensas; ao entenderse que esta medida non é acorde coa situación actual dos sistema educativo, suprime a función da educación como xeradora de igualdade de oportunidades no alumnado”.

 

Rexistro Iniciativa: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNP-000412

Nota de prensa: http://ppdegalicia.com/index.php/gl/novas/item/4854-o-parlamento-galego-oponse-ao-decreto-do-ministerio-de-educacion-que-permite-pasar-de-curso-con-independencia-do-numero-de-suspensos

 

 

Noticias recomendadas

O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
O Parlamento galego pide reforzar a adaptación e integración educativa e pedagóxica do alumnado estranxeiro
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a que, apoiándose na experiencia destes
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies