Iniciativa para acadar a cesión do espazo para a futura biblioteca pública de Vigo e unha partida específica para a súa construción
Ao longo dos últimos anos, os veciños de Vigo levan reclamando a necesidade dunha nova biblioteca pública, ante a altísima demanda deste tipo de equipamentos culturais na cidade.
O Goberno central e a Xunta de Galicia acordaron que o primeiro asumiría a construción da nova biblioteca e a Xunta asumiría a súa xestión e os custos de persoal. Pola súa banda, o Concello de Vigo debería ceder unha parcela axeitada para a súa construción.
Nestes momentos, a Xunta de Galicia presentou en tempo e forma o Informe de
Necesidades, documento onde se recollen as características
investimentos necesarios para a construción dunha biblioteca pública axeitada para satisfacer as demandas dos veciños da cidade.
Pola súa banda, o Concello de Vigo aínda non realizou a cesión dos terreos para a edificación, paso indispensable, sen o cal o Goberno central non pode redactar o prego técnico de condicións para licitar a obra.
Ademais, na súa visita a Vigo, no contexto da campaña electoral, o Ministro de Cultura prometeu que o investimento necesario estaría recollido nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano próximo, sen que volveramos a ter noticias deste compromiso unha vez rematada a campaña.
Por estas razóns:
O Parlamento de Galicia insta:
1.- Ao Goberno galego a reclamar ao Concello de Vigo que realice, coa maior brevidade posible, a cesión do espazo para a edificación da futura Biblioteca Pública de Vigo.
2.-Ao Goberno central a incorporar aos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021 unha partida específica para a construción da futura Biblioteca Pública de Vigo, coas características e investimentos demandados pola Xunta de Galicia no informe de necesidades presentado ao Ministerio de Cultura.
Rexistro iniciativa: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-000054