Iniciativa sobre a demanda á Xunta de Galicia para solicitar ao Goberno de España que cubra o cen por cento das prazas de profesionais sanitarios de Sanidade Marítima en Galicia
O Instituto Social da Mariña é unha Entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, de ámbito nacional que actúa baixo a dirección e tutela do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, adscrita á Secretaria de Estado de Seguridade Social e Pensións.
E entre as súas competencias atópase:
A asistencia sanitaria dos traballadores do mar e os seus beneficiarios dentro do territorio nacional.
A asistencia sanitaria dos traballadores do mar a bordo e no estranxeiro, a práctica dos recoñecementos médicos previos ao embarque.
A inspección e control dos medios sanitarios a bordo e das condicións hixiénicas das embarcacións, e
calquera outras funcións de medicina preventiva e educación sanitaria que lle poidan ser delegadas.
Segundo a última información remitida no mes de xuño de 2020 ante unha pregunta deste mesmo Grupo Parlamentario no Congreso dos Deputados as dotacións e efectivos de profesionais sanitarios de Sanidade Marítima en Galicia:
Dotacións de médicos de sanidade marítima: 28
Dotacións de titulados medios (enfermeiras/os):20
Dotacións de oficiais:17
Na resposta dada os efectivos son:
Efectivos médicos de sanidade marítima:20
Efectivos de titulados medios (enfermeiras/os):19
Efectivos de oficiais: 16
Polo que o ISM ten sen cubrir en Galicia 10 prazas do total da súa dotación, o que supón preto do 30% do persoal médico de sanidade marítima e o 15,4% do total do persoal.
Por todo o anterior, o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de España a que cubra o 100 % das prazas de profesionais sanitarios de Sanidade Marítima en Galicia”.
Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-001091