Iniciativa sober a esixencia da Xunta de Galicia ao Goberno do Estado do cumprimento, co cofinanciamento do 50% da Lei de dependencia
O Presidente da Xunta deu a coñecer o pasado 21 de outubro de 2019 a Axenda cos 25 asuntos máis urxentes e prioritarios de Galicia que o próximo Goberno de España debía atender nos primeiros meses da seguinte lexislatura, con independencia de como se configurasen as Cortes Xerais.
Con esta Axenda Galicia o Executivo galego clarificou, transparentou e publicou as necesidades prioritarias da Comunidade para o seguinte Goberno central.
Os 25 asuntos da Axenda Galicia enmárcanse en cinco eixos: lograr un financiamento máis xusto; cumprir os compromisos adquiridos en canto ás infraestruturas pendentes; defender sectores estratéxicos para a nosa
economía, especialmente de tipo industrial; traballar conxuntamente para cumprir cos servizos públicos; e os compromisos do Goberno central para os Anos Santos de 2021, 2027 e 2032.
En relación á mellora dos servizos públicos, é necesario o cumprimento do cofinanciamento do 50% da Lei de dependencia para que a participación das comunidades autónomas e do Goberno central sexa equitativa. De feito, se o Goberno de España aportase o mesmo que Galicia, non existiría lista de agarda en dependencia.
Na actualidade, a Xunta de Galicia inviste tres veces máis que o Goberno central en prestacións de dependencia, achegando o 76% fronte ao 24% estatal.
Por todo isto, O Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a esixir do Goberno do Estado que cumpra co cofinanciamento do 50% da Lei de dependencia para que a participación da Xunta de Galicia e do Goberno central sexa equitativa.
Rexistro Iniciativa: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-000047