Santiago, 20 de setembro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira criticou hoxe que “nacionalistas e socialistas escenifiquen no Parlamento galego as súas desavenencias no Goberno local de Pontevedra”, logo de que o Grupo Socialista apoie a reubicación nun novo emprazamento do transformador eléctrico sito do CEIP de Barcelos e o BNG se absteña a esta proposta.
Jacobo Moreira sinalou que “unha vez máis queda de manifesto que hai dous gobernos no Concello de Pontevedra que nin sequera se poñen de acordo en asuntos tan relevantes como a reubicación dun transformador eléctrico, unha demanda reiterada tanto polos veciños como polo colectivo escolar”.
COMPETENCIA MUNICIPAL
“Trátase dunha competencia estritamente municipal e o papel da Xunta limítase a facer de mediador entre as partes e prestar toda a colaboración á empresa para o cambio deste transformador e conceder a oportuna autorización cando se lle presente o proxecto”, apuntou. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego xa autorizou o traslado do transformador mediante resolución do pasado 7 de xuño, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 28 dese mesmo mes.
Moreira considerou “preocupante que o PSOE estea gobernando no Concello de Pontevedra xunto ao BNG e traia ao Parlamento este tipo de iniciativas, totalmente resesa por que data do pasado mes de decembro, na que demanda á Xunta cuestións que son competencia directa dos seus compañeiros no concello pontevedrés”.
“Os socialistas demostran que están desconectados da realidade dos galegos e dos pontevedreses en concreto, que non merecen esta falta de rigor e respecto por parte do PSOE”, indicou o deputado popular, quen apuntou que “se os socialistas non son capaces de seguir a actualidade do que pasa no Concello de Pontevedra, onde están gobernando, malamente poden saber o que pasa realmente en Galicia